O Nadal de Culleredo tamén practicará deporte. O Concello colabora con dous clubs do municipio para lanzar campus deportivos de fútbol e patinaxe que ofrecerán aos escolares unha alternativa sa durante as próximas vacacións do Nadal.
Os pequenos de Culleredo alucinaron esta fin de semana coa versión da música clásica que lles trouxeron 6 compoñentes da Orquestra Sinfónica de Galicia, fundadores do grupo Arcos Iris.
O salón de plenos de Culleredo viviu o venres a súa reunión máis ilusionante e multitudinaria. O Concello organizou a XV edición do pleno infantil coa participación de 210 alumnos de 6º de Primaria dos CEIP de Tarrío, Ría do Burgo, Sofía Casanova e CPR Ponte Pasaxe.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, presentaron os orzamentos municipais para o exercicio 2015, aprobados polo pleno a proposta do goberno local. Os orzamentos alcanzan os 19.479.126,48 euros, uns 0,25% superiores aos de 2014.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER