Os campamentos urbanos do Concello xuntan a case 400 pequenos

Esta edición dos campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo está sendo multitudinaria. O goberno municipal logrou incrementar as prazas para previstas, para poder dar servizo a todas as familias cullerdenses que as solicitaron.

O Concello adxudica melloras na rede viaria por 200.000 euros

O goberno de Culleredo centra o Plan de Obras na mellora das infraestruturas viarias en núcleos urbanos do municipio. A mesa de contratación acaba de adxudicar os traballos referentes á mellora de estradas por case 200.000 euros.

Culleredo acolle o domingo a primeira marcha solidaria contra a violencia de xénero de Ve-La Luz

O Concello de Culleredo convértese en anfitrión da primeira marcha solidaria contra a violencia de xénero que organiza a asociación Ve-la Luz, referente no traballo pola igualdade. Desenvolverase o domingo, desde as 10.00 horas, polo paseo marítimo do Burgo. 

O retraso na licitación por parte da Xunta fai que novo IES non poda abrir co inicio do curso 15-16

A Xunta confirmou ao Concello de Culleredo e aos representantes da ANPA que o novo IES non estará listo para o inicio do curso 2015-2016. Isto fará necesarias medidas provisionais no IES Bñanco Amor, que non se requerirían de ter licitado a Xunta antes a obra, como pedían pais e Concello.

O Burgo celebra o venres 18 a súa Noite Branca con moitos descontos e animación na rúa

O Burgo prepárase para acoller o venres, 18 de xullo, a súa propia Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. O goberno municipal e os comerciantes pecharon un amplo programa da que promete ser unha gran noite de compras e de animación nas rúas.

Os Encontros Folclóricos Ancoradoira chegan o sábado ao Burgo con música popular, humor e gastronomía

O paseo marítimo do Burgo prepárase para acoller o sábado un dos eventos culturais máis arraigados en Culleredo. Trátase dos Encontros Folclóricos Ancoradoira, que alcanzan este ano a súa XXIV edición. Terán lugar o sábado, 19 de xullo, desde as 19.30 horas.

Doazón de sangue en Fonteculler

Data : 
30/07/2014 - 16:00 - 21:00

Doazón de sangue no Burgo

Data : 
28/07/2014 (Todo o día) - 29/07/2014 (Todo o día)

O "Verán movidiño" de Culleredo leva a ximnasia ao aire libre

A chegada do bo tempo leva ao Concello de Culleredo a converter espazos públicos en escenarios de ximnasia ao aire libre. Trátase da iniciativa "Verán movidiño", que propón a Concellaría de Sanidade, tanto aos mozos como aos maiores, para promover o exercicio físico entre a cidadanía

Obradoiro: como escribir un relato

Data : 
24/07/2014 - 11:00 - 12:00

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina