A boa saúde económica do Concello de Culleredo volveu a quedar de relevancia na conta xeral do pasado exercicio 2014, que foi aprobada o pasado xoves polo pleno da corporación. Todas as magnitudes económicas presentan bos resultados, consolidando o crecemento da economía local.
Culleredo buscará sensibilizar sobre os trastornos de personalidade na II Andaina Solidaria da asociación TP GALICIA polo monte Xalo. Terá lugar o domingo 4 de outubro, en colaboración co Concello de Culleredo e con Castelo Deporte.
O Concello de Culleredo, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción, impartirá un curso subvencionado, de nivel básico en prevención de construcción en modalidade mixta (20 horas presenciais e 40 a distancia).
A rede municipal de saneamento será obxecto dun novo proxecto de obras impulsado polo Concello de Culleredo. O obxectivo consiste en incrementar a rede e mellorala nalgún punto que presenta un peor estado, para garantir o seu correcto funcionamento.
Unha vez capacitados para realizar os cultivos e desenvolver as técnicas que foron necesarias, o Concello dá un paso máis e forma aos 26 adxidicatarios de hosrtos urbanos no Burgo en novos contidos de horticultura ecolóxica. Onte e hoxe participaron nun taller de envasado de conservas de produtos ecolóxicos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER