Culleredo propón adaptar o bus ás necesidades reais dos veciños

O Concello de Culleredo quere modernizar o sistema actual de transporte público no municipio. O goberno municipal cullerdense baralla un sistema, en combinación coas liñas tradicionais, que configure os traxectos segundo a demanda real dos veciños, propiciando mellores frecuencias para eles. O obxectivo sería adaptar o paso do bus tendo en conta as peticións formuladas con anterioridade.

O sistema ofrecería aos veciños diferentes formas de adiantar as súas demandas, sendo unha aplicación por internet unha delas. Neste sistema baixo demanda, o Concello tamén pensa en implicar aos taxistas, mediante un convenio a acordar, para ofrecer aos veciños máis posibilidades.

Esta idea foi incluída polo Concello na estratexia de desenvolvemento urbano aprobada polo pleno e elevada á Unión Europea. Enmárcase no obxectivo de fomentar a mobilidade de forma sustentable co medio ambiente.

Este sistema permitiría centrar os esforzos en cubrir o que verdadeiramente piden os usuarios. Con el poderíase un día determinado aumentar os servizos a un determinado núcleo ou evitar pasos innecesarios por outros, minimizando o tempo do traxecto. En definitiva, ofrecer un servizo de maior calidade para o usuario.

Melloras en paradas

Este sistema non é a única acción encamiñada a mellorar o transporte público e introducir a eficiencia que contempla o plan europeo do Concello. Haberá tamén traballos de mellora das paradas e a instalación de aparcadoiros de bicicletas cubertos nalgunha delas, para propiciar así o uso combinado da bici desde a vivenda ata a parada e desde aí o transporte colectivo.

Así mesmo inclúese a disposición de paneis informativos en paradas, listos para ofrecer datos sobre o transporte pero tamén sobre información municipal de interese.

En total esta liña de actuación do plan ten un orzamento de 250.500 euros. A proposta xa foi elevada polo Concello ao Estado para que a UE poida valorala, xunto coas restante recibidas, e facer a súa resolución.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina