Dan resposta aos veciños e veciñas de Culleredo á solicitude de información e orientación para o acceso aos recursos sociais e de apoio económico aos que se poida ter dereito a fin de atopar solucións ás distintas problemáticas persoais ou familiares. |  |
|
SERVIZO DE INFORMACIÓN E PRIMEIRA ATENCIÓN SIOP: PRIMEIRA ATENCIÓN CIDADÁ E ACOLLIDA DE MIGRANTES RETORNADOS
|
É a porta de entrada aos servizos sociais municipais e onde primeiro chegan as demandas persoais e familiares que serán valoradas e orientadas de maneira personalizada tentando buscar a solución mais acaída á necesidade social que se demanda. |  |
Dende este servizo ofrécese asesoramento sobre: Axudas económicas para a manutención de menores, para necesidades básicas, para mulleres vítimas de maltrato, emerxencias familiares ou persoais, a adquisición de axudas técnicas ou tecnolóxicas... Xestión de ingresos mínimos para persoas sen recursos ou que non poden traballar Servizos para a autonomía persoal e atención á dependencia Servizos específicos para persoas con discapacidade Primeira acollida a persoas migrantres Recursos de saúde, planificación familiar, maternidade, de apoio psicolóxico,... Servizos de apoio no fogar en situacións de falla de autonomía persoal: axuda a domicilio, axudas técnicas, teleasistencia domiciliaria, transporte adaptado, comedor e lavandaría sobre rodas Servizos para persoas drogodependentes, alcohólicos, ludópatas... Servizos para a integración de menores e adolescentes Servizos para a conciliación da vida familiar e laboral Servizos para a formación básica de persoas adultas Servizos de asesoramento xurídico: tutela, acollemento ou adopción, herdanzas, desafiuzamentos, divorcios... Servizos de acompañamento ao emprego para persoas con especiais dificultades Servizos de orientación e mediación para a resolución de conflictos Programas de dinamización social e de lecer para as persoas maiores Orientación para a formación e xestión de asociacións prestadoras de servizos sociais Alternativas de aloxamento: vivendas sociais, axudas para a eliminación de barreiras arquitectónicas na vivienda para a xente con mobilidade reducida, residencias para persoas maiores e para persoas con discapacidades, casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, acollementos en familias para nenos e nenas, persoas maioresou con discapacidade, axudas para mellorar as vivendas en mal estado... Servizos de voluntariado social
Voltar |
SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO-SOCIAL
|
Ofrésese a posibilidade á persoa usuaria de coNsulta sobre aspectos xurídicos directamente cun profesional, sempre que sexa remitido pola súa traballadora social de zona. Exclúese desta atención a defensa xurídica. |  |
Ofrécese asesoramento sobre:Dereito de Familia: Menores, incapacitacións e acollementos, separacións, divorcios e modificacións de medidas... Dereito penal: malos tratos, asuntos penitenciarios e informes de cumprimento substitutorio de penas, recursos penais... Dereito laboral: prestacións, despidos e sancións, incentivos e contratación... Dereito administrativo: supervisión convenios de entidades asociativas municipais, infraccións e sancións administrativas, procedemento administrativo xeral... Dereito civil: sucesións e herdanzas, vivenda: arrendamentos, alugueiros e desafiuzamentos... Estranxeiría: permisos de residencia e traballo, reagrupacións familiares e nacionalidade, recursos e denegacións de permisos, convalidación de titulacións...
Voltar |
PROGRAMA RADIOFÓNICO "Desta Xeira..tempo de benestar " EN RADIO CULLEREDO FM 101.2
Programa radiofónico dos servizos sociais municipais con periodicidade semanal que transmite contidos informativos aos veciños e veciñas de Culleredo sobre recursos da área de benestar así como tertulias en directo con participantes nas diferentes actividades da área a fin de dar a coñecer e sensibilizar sobre os diferentes temas sociais.
Na Radio Municipal de Culleredo no 101.2.
Os xoves de 12.30 ás 13.00h