O vindeiro día 9 de setembro comeza o prazo de inscrición para as clases de Iniciación I e Iniciación II no curso 2025/26 do Conservatorio Municipal.
O Concello de Culleredo publica a resolución de aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos na preinscrición do Programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio de Música de Culleredo para o curso 2025/2026.
Todos os aspirantes coa proba de acceso a 1° de grao elemental aprobada e que no escolleran instrumento na reunión do 12 de xuño, están convocados o luns 14 de xullo ás 17:00 horas a unha nova reunión no conservatorio. Ofertaranse as novas vacantes para o vindeiro curso 2025/26.
O Concello de Culleredo ofrece a APP Código Violeta para as festas de Vilaboa e O Burgo, polo seu carácter multitudinario. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.
O Concello de Culleredo informa sobre a apertura do prazo de matrícula para o alumnado de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música de cara ao curso 2025/2026.
O Concello de Culleredo organiza campamentos de verán para a xuventude. A preinscrición está aberta ata o 9 de xuño a través do formulario.
O Concello de Culleredo ten aberto desde o 30 de maio o prazo de matrícula de 7 prazas baleiras para o curso 2025-2026 no Centro Ocupacional Municipal A Escada para persoas con discapacidade intelectual.
O Concello de Culleredo acadou a concesión da subvención da Deputación da Coruña correspondente ao Programa dirixido a Concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano do 2024
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER