A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en data 29/10/2025, aproba ao Concello de Culleredo a concesión dunha axuda, solicitada segundo a Orde de convocatoria, do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 - 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.
O Concello contratará un /unha administrativo/a con cargo a devandita subvención e consonte coa seguinte desagregación:
Número de Traballadores : 1
CNO: 4309
Duración do contrato (meses): 9 meses
Xornada laboral (%): 100
Os obxectivo principal é mellorar a inserción laboral das persoas mozas participantes, e máis en concreto:
1.- Desenvolver as capacidades técnicas coas que contan nun entorno laboral real.
2.- Adquirir as habilidades necesarias para desenvolverse con solvencia nun entorno laboral real:a comunicación, o traballo en equipo, a intelixencia emocional, a resolución de problemas e a adaptabilidade.
3.- Construír unha carreira profesional que lles permita adquirir autosuficiencia económica.
Os resultados que se pretenden alcanzar co desenvolvemento deste programa, son entre outros:
a) Impulsar accións que axuden a reducir o desemprego xuvenil, mellorando as taxas actuais.
b) Aumentar as oportunidades dos mozos e mozas no mercado laboral a través do coñecemento adquirido no emprego, mellorando a súa empregabilidade.
c) Axudar a encontrar una oferta de emprego tras acabar os seus estudos ou quedar desempregados/as.
d) Conectar os coñecementos técnicos dos estudos coa súa aplicación práctica nun entorno laboral real.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER