Inscrición na formación de certificados de profesionalidade impartidos polo Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo ten previsto impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego dous Certificados Profesionais, que se solicitan ao abeiro da Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en rexime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas dos sistema de formación profesional dos graos A,B,C, para persoas traballadoras desempregadas para os anos 2025- 2026. ( código do procedemento TR301K) (DOG número 130, do 9 de xullo de 2025), de acordo co seguinte detalle:
 
Operacións básicas de restaurante e bar (368 horas)- NIVEL 1:
  • Data prevista de inicio: 11/02/2026
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (528 horas)- NIVEL 2:
  • Data prevista de inicio: 26/01/2026
Para poder participar no curso é necesario estar inscrito/a como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia e no caso do certificado de nivel 2 cumprir cos requisitos académicos de acceso.
 
As persoas interesadas en realizar este curso poden enviar, a maior brevidade posible, os seus datos ao correo laboral@culleredo.es indicando no asunto do correo:
- CANDIDATO/A AO CURSO DE RESTAURANTE-BAR.
- CANDIDATO/A AO CURSO DE SOCIOSANITARIA EN INSTITUCIÓNS.
 
Máis información: Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” do Concello de Culleredo sito na rúa Antonio Machado- O Burgo, tel. 981 66 42 04.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina