O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, fomenta a lectura entre a rapazada cun sorteo en redes sociais. Consulta as bases aquí!
Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas para o curso de apoio á preparación das competencias clave 2021.
O Concello de Culleredo informa de que todas persoas que solicitaron participar no curso de monitor/a de actividades de lecer e tempo libre foron admitidas. O servizo de Xuventude comunicaralles os vindeiros 22 e 23 deste mes a documentación que deben presentar.
Consulta aquí a acta do sorteo público realizado para a selección das persoas usuarias dos hortos urbanos do xardín botánico do Burgo e do Pazo de Vila Melania de Vilaboa.
Para asistir como público ao sorteo do proxecto formativo para a sustentabilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024, comunicamos que o acto terá lugar o vindeiro día 23 de febreiro ás 10:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso", sito na rúa Antonio Machado, s/n, O Burgo, Culleredo.
O Concello de Culleredo informa de que a entrega das tarxetas regalo aos gañadores e gañadoras da campaña "Mercar en Culleredo Ten Premio!" continúa con cita previa. Quen non fóra a recoller a tarxeta pode chamar ao 620 008 450.
O Concello de Culleredo publica os resultados do sorteo das tarxetas regalo dentro da súa campaña Mercar en Culleredo Ten Premio! As tarxetas entregaranse na semana do 25 de xaneiro
O Concello de Culleredo emprende unha campaña para incentivar as compras nos establecementos locais a través do sorteo de 6.000 euros en tarxetas regalo. Consulta as instruccións e comercios participantes na iniciativa.
Publícanse os resultados definitivos do proceso de selección do equipo técnico e do alumnado traballador do obradoiro de emprego "Rede virtual de xacementos arqueolóxicos".
Resultados provisionais da puntación do proceso de selección do equipo técnico e do alumnado traballador do obradoiro de emprego "Rede virtual de xacementos arqueolóxicos".
Resultados provisionais da puntación da entrevista realizada ao equipo técnico e ao alumnado do obradoiro de emprego "Rede virtual de xacementos arqueolóxicos"
Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10 a 14 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, e nas Instruccións do 15/06/2021, ditadas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, o establecemento do sistema, procedemento e baremos que se aplicarán na selección do persoal directivo, docente e administrativo participante no programa de emprego “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos”.
Consulta aquí as listaxes definitivas dos Campamentos de Verán 2021 Concello de Culleredo.
O Concello de Culleredo organiza unha nova edición do Mercado Templario, que se celebrará no Paseo Marítimo do Burgo do 1 ao 4 de xullo. Consulta aquí a programación íntegra.
O Concello de Culleredo publica as listaxes provisionais de Mañás de Campamento 2021 con todas as solicitudes admitidas.
Convocatoria das instalacións deportivas municipais para a tempada 2021/2022.
O prazo para inscribirse á proba de acceso a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional abranguirá dende o 1 de xuño ata o 30 de xuño, ambos os dous incluídos.
A presentación de toda a documentación será preferentemente a través do correo do conservatorio. “conservatorio@culleredo.es”
O prazo para inscribirse á proba de acceso a 2º, 3º e 4º de Grao Elemental abranguirá dende o día 1 de xuño ata o día 30 de xuño, ambos os dous incluídos.
A presentación de toda a documentación será preferentemente a través do correo do conservatorio. “conservatorio@culleredo.es”.
O prazo para inscribirse a Iniciación a música II abranguirá dende o día 1 de xuño ata o día 9 de xullo e dende o día 1 ata o día 6 de setembro.
A presentación de toda a documentación será forma presencial no edificio do conservatorio en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER