Tablón

Conservatorio: aberto o prazo de matrícula para 1° de grao elemental

O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa de que os aprobados na proba de acceso de 1° de grao elemental que obtiveron praza e escolleron especialidade instrumental teñen aberto o prazo para matricularse. Estará aberto desde o venres 13 de xuño ata o día 17, martes.
 

Realización dunha proba de funcionamento de sirenas de aviso dos PEP de Galicia o martes 17 de xuño

O martes 17 de xuño ás 12:00 horas realizarase unha proba de funcionamento de sirenas de aviso dos Plans de Emerxencia de Presas (PEP) de Galicia. 
 

Conservatorio: aberto o prazo de matrícula para o alumnado de grao elemental e grao profesional

O Concello de Culleredo informa sobre a apertura do prazo de matrícula para o alumnado de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música de cara ao curso 2025/2026.

Campamentos de verán 2025 do CIPAX

O Concello de Culleredo organiza campamentos de verán para a xuventude. A preinscrición está aberta ata o 9 de xuño a través do formulario.

Convocatoria de prazas baleiras na Escada

O Concello de Culleredo ten aberto desde o 30 de maio o prazo de matrícula de 7 prazas baleiras para o curso 2025-2026 no Centro Ocupacional Municipal A Escada para persoas con discapacidade intelectual.

Lista de admitidos e de agarda no programa Mañás de Campamento 2025

Xa están publicadas as listas definitivas de rapaces e rapazas admitidos no programa Mañás de campamento 2025. Tamén están dispoñibles a lista de agarda, conformada por familias non empadroadas no municipio, e a de solicitudes excluídas por non presentar debidamente a documentación solicitada.

Protocolo prevención do acoso laboral

Resolución membros comisión para atención ao acoso laboral

Corte de tráfico na rúa San Xiao (Almeiras) por mor das obras de formigonado do 8 ao 19 de maio

O Concello de Culleredo informa dun corte de tráfico no tramo provincial da rúa San Xiao, en Almeiras, debido aos traballos de formigonado que levarán a cabo na zona. Estas obras enmárcanse dentro das actuacións iniciadas na citada rúa o pasado mes de abril pola Deputación da Coruña, baixo a premisa de mellorar a seguridade viaria na estrada DP-3108, unha vía que desempeña un papel fundamental como ligazón para numerosas vivendas.
 
 

Conservatorio: información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026

O Concello de Culleredo publica a información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026 a todos os cursos de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música. Pódese consultar tamén a oferta de vacantes para o vindeiro curso.

Entrega gratuíta de composteiros en Culleredo

O Concello de Culleredo acollerá unha nova xornada formativa sobre compostaxe doméstica, acompañada da entrega gratuíta de composteiros e material complementario. O evento terá lugar o vindeiro 1 de abril, ás 19:30 horas, no Local Social O Noso Lar, e busca fomentar a xestión sostible dos biorresiduos entre a veciñanza.

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina