Case 40 persoas asisten á formación nos casos complexos de trastornos de personalidade

O seminario, titulado "Manexo dos trastornos de personalidade polos servizos profesionais de proximidade: estratexias e casos", organizado polo Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Trastornos de Personalidade (TP Galicia) logra un gran éxito de público. Asistiron cerca de 40 persoas ás sesións celebradas en Vilaboa.

O Concello felicita ao Club Natación Culleredo pola súa estrea na competición

O Club Natación Culleredo quedou terceiro na clasificación xeral do XV Encontro Concello de Arteixo, con 16 medallas. O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, quere felicitar en nome do Concello de Culleredo ao Club polos excelentes resultados e sobre todo o enorme traballo e esforzo que están a realizar.

Doazón de sangue no Burgo

Fecha : 
26/02/2014 - 10:00 - 21:00

Culleredo recibirá 500 ciclistas na VII Pedalada Ártabra, que doará leite ao Fondo Municipal de Alimentos

Os montes de Culleredo acollerán o domingo a VII Pedalada Ártabra coa participación de case 500 persoas. Cada un dos deportistas achegará un litro de leite ao Fondo Municipal de Alimentos, que despois serán distribuídos entre os cidadáns con necesidade.

O Concello formará aos profesionais nos casos complexos de trastornos de personalidade

O Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Trastornos de Personalidade formarán aos profesionais no manexo dos casos máis complexos desta patoloxía. Realizarano a través dun seminario que terá lugar o xoves, 20 de febreiro, en horario de 9.30 a 13.30 horas, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Vilaboa.

Calendario do campo de fútbol do Burgo

Fecha : 
22/02/2014 (Todo el día) - 23/02/2014 (Todo el día)

O Concello de Culleredo publica o calendario de uso do campo de fútbol do Burgo para os días 22 e 23 de febreiro de 2014.

O Concello abre a preinscrición nos cursos de galego preparatorios do Celga

O Concello de Culleredo ten previsto solicitar á Xunta de Galicia dous cursos preparatorios para as probas dos niveis de Celga 2 e Celga 4. En función dos interesados, a Xunta concederá a súa realización, polo que se abre unha preinscrición ata o 20 de febreiro.

O Rally de Coches Clásicos levou a Culleredo 40 modelos de época

Culleredo acolleu o domingo o primeiro Rally de Coches Clásicos, organizado pola Escuadra Centollo e o Concello de Culleredo. O evento xuntou a uns 40 modelos de coches, que datan desde 1966 a 1985. Puidéronse ver marcas como Porsche, Mini, Lancia, MG, Opel ou Fiat.

Culleredo suprime diversas taxas de expedición de certificados e compulsa de documentos

O cotexo de documentación e a obtención de determinados certificados xa non levan o pago de ningunha taxa en Culleredo. Despois da súa aprobación en pleno, e tras finalizar o período de exposición pública sen recibir alegación algunha, entra en vigor a supresión dun total de 13 epígrafes da ordenanza fiscal número 6, a proposta do Concello de Culleredo

Festival benéfico Fundación Juan Bonal

Fecha : 
21/02/2014 - 19:00 - 21:00

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina