O Concello de Culleredo celebra aproveitando o período non lectivo desta semana os campamentos urbanos de primavera. Máis de 80 pequenos, de 3 a 12 anos de idade participan nesta iniciativa municipal que persegue ofrecer unha alternativa educativa de lecer ás familias.
A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, visitou aos participantes, que desenvolvían as súas actividades no xardín botánico do Burgo. En concreto, os nenos realizaban hoxe unha dinámica sobre a separación de residuos, e é que a reciclaxe é o asunto sobre o que vira o campamento.
"Buscamos unha alternativa de conciliación que á vez fomente valores educativos", apunta Ferreiro. As actividades van desde os xogos, talleres ou cancións ata a saída que o luns celebrarán á contorna de Celas de Peiro.
A concelleira destaca ademais o carácter asequible da actividade, organizada así para favorecer o acceso a "todas as familias con esta necesidade". Ademais resalta o inicio das actividades ás 7.30 para cubrir ao máximo o horario laboral dos proxenitores.
O campamento comezou co inicio das vacacións dos nenos e concluirá o luns.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER