As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente comezarán o seu percorrido polas rúas de Culleredo ás 17.30 horas do vindeiro 5 de xaneiro. Partindo do recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo, pasarán por Fonteculler, As Brañas, O Portádego, A Corveira, Vilaboa e Acea de Ama para acabar na praza de Europa.
A avalancha de solidariedade dos cullerdenses queda de relevancia coa campaña de recollida de xoguetes promovida polo Concello. Finalizado o prazo, foron máis de 1.500 os entregados para colaborar cos que máis o necesitan.As actividades deportivas e culturais, tanto as dedicadas a escolares como a adultos, tománse unhas pequenas vacacións de Nadal. Durarán desde o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro.
O autobús do Centro de Transfusión de Galicia emprazarase de 16.00 a 21.00 horas a carón da Caixa Galicia de Vilaboa o próximo venres 30 de decembro. O Concello anima aos veciños a colaborar na doazón ante as baixas reservas rexistradas.
As agrupacións Olímpico de Rutis, Sporting Burgo, Club Baloncesto Culleredo e Judo Club Culleredo colaboran con Cáritas na recollida de alimentos para os máis necesitados, impulsados polo Concello. O goberno local anima a participar na iniciativa.
"A mochila do viaixeiro", programa de V Televisión, acudiu a Culleredo para descubrir a Festa dos Callos de Sésamo. Ademais, o espazo ofrece unha visión xeral do municipio, da súa historia e dos seus valores turísticos.
A Sala de Exposicións dos Muiños de Acea de Ama acollera desde o 16 de decembro até o 14 de xaneiro a exposición de pintura da artista Maruchy Domínguez, residente no Burgo desde hai anos. A inauguración celebrarase o venres ás 20.30 horas.
Dentro do seu programa de Sanidade, o Concello de Culleredo organiza unha charla dirixida a mulleres embarazadas para resolver dúbidas acerca da lactación materna. Terá lugar no Burgo o xoves 15 de decembro.La iluminación estará en funcionamento del 9 de diciembre de 2011 al 6 de enero de 2012, ambos incluidos, entre las 18:00 y las 1:00 horas, con el objeto de un mayor control y ahorro energético.
As principais dependencias municipais e públicas do municipio recollerán desde o 5 até o 21 de decembro xoguetes para destinalos a nenos e nenas até 12 anos. O Concello anima ásolidariedade de todos os veciños nesta acción navideña.Juves 22 de diciembre a las 17.00h en el Edificio de servicios múltiples.
“Frear a transmisión do VIH é cousa nosa” foi o lema escollido polo Concello de Culleredo con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA. O goberno local lanzou unha campaña divulgativa co obxecto de sensibilizar á poboación sobre o VIH para dunha banda sensibilizar á poboación xuvenil sobre as prácticas de risco, e doutra banda informar á cidadanía sobre a posibilidade da realización de probas de detección rápida de VIH en saliva.
O Concello de Culleredo celebrou, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha concentración na praza de Europa do Burgo. Máis de medio centenar de persoas, entre as que se encontraban representantes do goberno local e dos grupos políticos, dixeron non á violencia de xénero.
O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para os novos Campamentos Urbanos de Nadal, que terán lugar no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo no período vacacional dos rapaces. Para fomalizala, cómpre entregar o boletín cuberto na Concellaría de Cultura até o venres 25 de novembro.Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER