Os campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo alcanzaron o seu punto final tras máis de dous meses de actividades en diferentes quendas cunha participación de 300 pequenos. Unha festa con inchables e aperitivos no colexio Sofía Casanova de Vilaboa serviu para celebrar a súa conclusión.
O Concello de Culleredo acorda coa empresa adxudicataria das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro unha serie de medidas para respectar ao máximo as festas veciñais da parroquia, que terán lugar entre o sábado 31 e o luns 2 próximos.
O goberno de Culleredo incluíu ás Bibliotecas Municipais entre as opcións de actividades de verán de que dispuxeron os veciños. A sala infantil da Biblioteca do Burgo levou a cabo un programa de talleres que rematou onte.
O Concello de Culleredo celebra este xoves 29 o pleno ordinario no que o principal asunto versará sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado de forma inicial en xaneiro. Tras rematar a exposición pública, o equipo redactor detectou diferentes erros que considera preciso corrixir canto antes.
O Concello de Culleredo acometeu a remodelación da rúa Xafontes, de Vilaboa. O plan de melloras na rede viaria confeccionado polo goberno municipal incluíu esta rúa dada a necesidade de renovar a calzada, deteriorada co paso do tempo.
O goberno de Culleredo iniciará esta semana, unha vez ultimado o contrato coa empresa adxudicataria, os traballos da mellora das rúas peonís do Burgo, Sanjurjo de Carricarte e Hersa. Os traballos consistirán en retirar as laxas en mal estado para substituílas por outras: serán uns 120 metros cadrados. O investimento neste apartado ascende a 25.000 euros.
Mellorar as vías municipais e limpar as fincas próximas a vivendas que se atopan en mal estado e cuxos propietarios non atenderon os requirimentos realizados desde o Concello son as dúas actuacións que forman parte dos traballos que está a levar a cabo o goberno local dentro da campaña anual de rozas.
Peiro de Abaixo -Esfarrapa, Cabana e Lamelas- celebrará os días 24, 25 e 26 as súas festas con música todos os días e cunha Sariñada, o día 24, dende as sete de tarde, para rematar cunha gran pulpada, o luns día 26 dende ás sete da tarde.
XORNADA FESTIVA DO BALONMÁN CULLEREDO no pavillón Municipal do colexio Sofía Casanova, en Vilaboa, o MÉRCORES 21 DE AGOSTO. A xornada é de participación libre e gratuíta e os participantes serán rapaces e rapazas con data de nacemento nos anos 2005 e anteriores.
As 17:30 é a convocatoria para os pequenos, nados no 2007, 2006 e 2005 e ás 18:30 para os nados no 2004, 2003, 2002 e 2001.
Castro Laxe celebrará as súas festas do 24 ao 27 cun programa repleto de actividades, música e a súa tradicional Sardiñada...
O goberno de Culleredo levará a cabo un proxecto de recuperación do paseo fluvial do río Mero ao seu paso pola parroquia de Almeiras. A senda atopábase intransitable, ao estar invadida pola maleza, polo que o Concello decidiu asumir o mantemento e acondicionala para o uso veciñal.
A parroquia de Boedo celebra o sábado 17 a súa tradicional cigalada, a partir das 20.00 horas. A cita reunirá como cada ano a ducias de veciños do municipio e da área metropolitana.
A parroquia de Celas acolle desde o xoves 15 ao sábado 17 as festas na honra da Nosa Señora. Música, xogos infantís ou a gran paella e meixllonada serán algúns dos ingredientes dos festexos.
Culleredo celebra este mes de agosto o seu primeiro campus de patinaxe artística. Terá lugar do 26 ao 30 de agosto próximos, en horario de 9.30 a 14.00 horas no polideportivo do Burgo. A iniciativa conta con 100 prazas, dirixidas a nenos desde os 3 anos de idade.
O goberno de Culleredo acometerá de forma inminente 14 paquetes de actuacións ao longo do municipio que servirán para dar resposta a algunhas das necesidades detectadas e para levar a cabo distintas melloras de carácter urbano. As obras atópanse no final da súa tramitación de contratación polo que o Concello estima que se iniciarán de inmediato.
As festas de Almeiras e Sésamo que veñen de rematar o luns poñen punto e aparte no calendario festivo do Concello de Culleredo. O municipio ven de desfrutar este ano dos festexos da Corveira, Peiro, Vilaboa, Ledoño, Castelo e O Burgo e encara agora os de Celas, Boedo, Castro-Laxe, Castelo e Culleredo.
O presente mes de agosto albergará tres impoirtantes eventos futbolísticos en Culleredo. O Concello organiza competicións para as diferentes categorías que concluirán nos últimos días do mes: o XXXVI Trofeo de Fútbol Afeccionado, o I Torneo de Fútbol-8 Alevín e o XVI Trofeo Fútbol Veteráns.
O goberno de Culleredo pon en marcha as novas zonas de aparcadoiro exprés creadas en Vilaboa e O Burgo. As prazas, marcadas en cor azul, comezaron a funcionar o 1 de agosto. Estas novas zonas azuis, de carácter totalmente gratuíto, créanse a petición dos comerciantes dado o bo funcionamento do plan piloto, propiciando a realización de xestións e compras rápidas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER