O sorteo de figurantes para a cabalgata 2019 do Concello de Culleredo celebrarase mañá, mércores 19 de decembro.
O Carteiro Real, o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos visitarán diversos centros cívicos sociais do Concello de Culleredo.
O Concello de Culleredo e a Cruz Vermella organizan unha campaña solidaria de recollida de xoguetes.
O 15 de decembro, a explanada multiusos do Burgo acollerá a quinta edición da Papanoelada motera, que dará comezo ás 16:30 horas.
O Concello de Culleredo estreará unha pista de xeo no paseo marítimo como gran novidade da súa oferta de ocio para o Nadal.
O Concello de Culleredo abre hoxe, e ata o 5 de decembro, o prazo para anotarse nos Campamentos de Nadal. Terán lugar os días 16, 27 e 28 de decembro, e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019, no CEIP Isaac Díaz Pardo.
O Concello de Culleredo acaba de completar un proxecto de mellora da iluminaciónna rúa Templarios, no Burgo.
Culleredo iniciou as obras de renovación da rede de augas en Almeiras, cunha inversión de 229.000 euros.
O Concello de Culleredo tinguiu os seus espazos de cor negro con motivo da campaña "Culleredo en negro".
Este xoves 15 de novembro, o Auditorio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá ás 20:30 horas, o concerto de "Los nostálgicos".
O Concello de Culleredo publica, no documento adxunto nesta nova, as listaxes definitivas para as aulas e espazos de Benestar para o curso 2018/2019.
A oferta cultural para gozar do Samaín, o vindeiro día 31 de outubro, no Concello de Culleredo, é variada.
O Concello de Culleredo celebrou o pasado sábado 20 de outubro a segunda edición do Memorial Tino Poza, en recordo do ex concelleiro, no xardín botánico do Burgo. Este segundo ano ten como tema o patrimonio natural e monumental do municipio, que os 37 participantes plasmaron nas súas pinturas.
O servizo de abastecemento de auga está a recuperar paulatinamente a normalidade tras a rotura na tarde de onte da condución xeral de Emalcsa que abastece á área metropolitana e á cidade. Tivo lugar na avenida de Rutis, na confluencia coa avenida de Ribados.
O Concello de Culleredo organiza o curso "Poda e Enxertos" que se desenvolverá os sábados desde o 10 de novembro ata o 1 de decembro , en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín botánico do Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER