Educación

Reunión informativa dos campamentos de verán

O Concello de Culleredo celebra o venres 19 ás 20.30 horas a reunión informativa para as familias participantes nos campamentos urbanos deste verán.

O Concello lanza un programa de formación para os mozos que deixaron os estudos

No seu traballo de apoio á educación, o Concello de Culleredo lanza un programa formativo para os adultos, especialmente os mozos, que abandonaron os estudos sen finalizar secundaria. Trátase do programa SuperaT, que terá lugar durante o verán.

Os escolares coñecen a riqueza histórica e natural de Culleredo

Baixo a premisa de que é importante que os escolares coñezan as orixes e os recursos do municipio no que viven, o Concello organiza rutas didácticas para descubrir a historia e a natureza de Culleredo. Son uns 700 escolares os que participan.

O Concello defenderá a construción dunha nova escola infantil en Culleredo

O Concello acaba de recibir da Xunta os datos de matrícula nas tres escolas infantís do municipio: son 251 pequenos os que quedan en lista de agarda. O goberno local defenderá a apertura dunha cuarta escola.

Culleredo traballa en conxunto coa rexión italiana de Calabria contra o absentismo escolar

O Concello de Culleredo está moi sensibilizado coa problemática do absentismo escolar e por iso emprendeu o proxecto Schoolab en conxunto coa rexión italiana de Calabria. A delegación cullerdense desprazouse ata o país italiano para celebrar xornadas de traballo para desenvolver estratexias que freen o absentismo.

Listas provisionais de admitidos nas Escolas Infantís de Culleredo

Listas provisionais de admitidos e excluidos das escolas infantis de Culleredo, comunicadas polo Consorcio Galego do Benestar.

XVI Mañás de campamento: matrícula

Información sobre a preinscrición e matrícula nas XVI Mañás de campamento: campamentos que concilian 2015 do Concello de Culleredo.

Campamentos urbanos verán 2015

O Concello de Culleredo abre este venres o prazo de inscrición para os campamentos urbanos do verán deste ano 2015.

O Concello executa as obras de urbanización da parcela para un futuro colexio

O Concello de Culleredo xa ten en marcha as obras de urbanización da parcela que acollerá un novo colexio de educación infantil e primaria. Sitúase na avenida de Rutis, entre Vilaboa e O Burgo, e o proxecto ten como obxectivo dotar ao terreo dos servizos necesarios para a construción do centro de ensino.

Os pequenos averiguan como funciona a Casa do Concello

O Concello de Culleredo abriu as súas portas aos máis pequenos do municipio. Os escolares, de 4º de educación primaria, iniciaron hoxe o programa de educación constitucional promovido polo goberno local para facerlles chegar a forma de traballar da administración municipal.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina