Un neno de Culleredo, Daniel Romasanta da Silva, logra entrar no cadro de premiados do Certame de Pintura Rural Fertiberia, que este ano alcanzou a súa XVII edición. Das 37.000 obras recibidas por escolares de todo o país, a pintura de Daniel logrou o cuarto premio.
O mundo da buxaina funciona como fío condutor para os talleres de manualidades, literatura ou contacontos que organiza o Concello para 1.300 escolares de Primaria do municipio. Están enmarcadas na exposición "O espazo máxico. Buxainas e libros para nenos" instalada polo Concello na aula de Natureza do Burgo.
O futuro IES de Culleredo contará con amplas instalacións para dar resposta ás necesidades da comunidade educativa. O proxecto propón unha distribución en tres plantas máis un soto para dar a cabida a todos os espazos de docencia e administrativos que se requiren.
O Concello abre o prazo de inscrición para o programa "Ponte a punto", ata o 31 de outubro próximo. A acción de reforzo escolar está dirixida ao alumnado do 3º ciclo de Primaria (5º-6º), a ESO (1º-4º) e PCPI.
A entrada peonil ao CEIP Sofía Casanova restablécese este luns, 21 de outubro, tras o peche provisional efectuado polas obras do parque. Completada a aplicación de formigón no acceso para permitir a entrada segura, os alumnos e pais xa poderán volver usar esta porta.
A remodelación do parque Sofía Casanova, de Vilaboa, que leva a cabo o Concello de Culleredo, obriga a establecer, de forma provisional, a entrada para peóns pola porta principal, quedando deshabilitado o acceso peonil desde o parque, para garantir a seguridade de alumnos e pais. A Policía Local vixiará o cambio.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, mantiveron unha reunión coa Consellería de Educación para analizar a situación na que se atopan os proxectos de construción do futuros IES e CEIP.
Os campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo alcanzaron o seu punto final tras máis de dous meses de actividades en diferentes quendas cunha participación de 300 pequenos. Unha festa con inchables e aperitivos no colexio Sofía Casanova de Vilaboa serviu para celebrar a súa conclusión.
Os campamentos urbanos de verán que leva a cabo o Concello de Culleredo saíron o venres 12 dos colexios e trasladáronse ao parque de Acea de Ama, xuntando así aos participantes de todas as idades. O motivo: a procura dun tesouro pirata escondido no recinto. Para atopalo, os 200 participantes tiveron que achar os diversos anacos de mapa. Cada un obtivérono superando unha proba, na que os viandantes debían colaborar cos pequenos.
O Concello de Culleredo comeza a súa tempada de campamentos urbanos de verán, unha alternativa para a conciliación a través da educación que reunirá até setembro a 300 pequenos. O goberno de Culleredo estruturou os campamentos en diferentes quendas de datas e de diferente duración, habendo desde campamentos dunha semana ata de cinco.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER