Rematou oficialmente o curso do Conservatorio profesional de música de
Culleredo. Como peche das clases lectivas, nas instalacións do centro,
celebraranse unha serie de Concertos dos alumnos e alumnas do centro, o
primeiro terá lugar o vindeiro mércores 4 de xuño "Concerto de alumnos
de Guitarra ", ás 20.00 horas, o xoves 5 de xuño, "Concerto de alumnos
de Saxofón e Trompeta", ás 19.30 horas, e o venres 6 de xuño ,
"CONCERTO DE FIN DE CURSO" ás 19.30 horas.