Traballo coordinado entre Culleredo e Reggio Calabria contra o absentismo escolar

Culleredo e a rexión italiana de Calabria presentaron en rolda de prensa os resultados do proxecto conxunto "Schoolab" desenvolvido desde 2013 co obxectivo común de combater o absentismo escolar. Técnicos de España e Italia reuníronse en Vila Melania para analizar os resultados logrados do traballo de dous anos.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presidiu o acto, acompañado da concelleira de Educación, Carmen Varela, e da edila de Benestar Social, Lupe Pombo. Na mesa estaba tamén Pietro Foti, representante da Deputación de Reggio Calabria, Fabrizio dei Vincenzo, da asociación italiana Pronexus, e Caterina Rossi, do Instituto Gulli. Estaban tamén presentes responsables do IES Blanco Amor e da asociación Mestura, os socios cullerdenses xunto o Concello.

Estes dous anos de proxecto serviron para crear novas estratexias contra o absentismo e para aprender das experiencias dos outros países. Por exemplo, creouse unha plataforma dixital que propicia o traballo en rede, algo moi valorado polos italianos. E Culleredo probou asembleas estudantís, coordinadas por Mestura, no Blanco Amor, técnica que se puido ver en Italia.

Froito do proxecto creouse unha comisión municipal de absentismo, que se reúne dúas veces ao ano, e desenvolveuse o Observatorio Municipal de Absentismo.

Nestes dous anos rexistráronse 51 casos de absentismo escolar. Deles 23 foron resoltos polo propio centro educativo, 16 foron resoltos e teñen seguimento polo departamento municipal de Educación. E os 12 restantes foron derivados aos servizos sociais do Concello. Así mesmo, a Policía Local ha intervido en 28 casos, dos que 8 foron detectados na rúa polos propios axentes.

Para o alcalde, isto demostra a necesidade dun traballo conxunto e global contra o absentismo. O rexedor lembrou que a nivel lexislativo esta competencia está nunha "nube legal" sobre a que administración corresponde formalmente. Pero deixou claro que sexa de quen sexa a competencia, mentres el sexa alcalde o Concello fará "todos os esforzos"para traballalo.

"Hai 32 anos tomamos a decisión de que a educación e os servizos sociais irían de primeiro e así seguirá sendo", apuntou o primeiro edil, que cifrou en 800.000 euros o investimento novo que nos próximos meses acometerá o Concello en centros escolares. Apuntou ao absentismo escolar como problema aparellado á exclusión social e que necesita dedicación por parte do poder público.

Pola súa banda, Pietro Foti enxalzou o traballo coordinado de Culleredo sobre o absentismo, unha fórmula que asegurou que en Italia non ten lugar nin sequera en cidades máis grandes.

E Fabrizio dei Vicenzo apuntou ao traballo coas familias como fundamental para acabar co absentismo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina