O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para os campamentos de Nadal 2012 que organiza. Baixo o lema de "Un Nadal divertido na casa da Dragona Ramona", os pequenos de 3 a 12 anos de idade poderán desfrutar de distintas actividades no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo do 26 ao 7 de xaneiro.
O Concello de Culleredo organizou o XVIII Curso de Micoloxía que tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo desde o 7 ao 10 de novembro. O curso foi impartido polo biólogo Carlos Pastoriza Avilés e incluíu unha viaxe e recolleita de cogomelos na zona de Torre Lavandeira, en Aranga.
O Concello de Culleredo deu por concluído onte o certame de pintura “Pintor Argüelles” coa entrega de agasallos aos participantes. O acto tivo lugar na Aula de Natureza do xardín botánico do Burgo, onde nas últimas semanas permaneceron expostas as obras.
O Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Apicultura inauguraron o primeiro Apiario Urbano da comunidade galega. Sitúase no Burgo, no xardín botánico. O goberno local promoverá actividades didácticas e formativas sobre as abellas e o mel.
Culleredo celebrará o vindeiro sábado 27 de outubro a tradicional festa do Magosto Municipal. Terá lugar no parque recreativo de Celas, a partires das 6 da tarde. Os asistentes poderán degustar castañas asadas, touciño á brasa, viño novo e queimada. A festa estará amenizada polo Dúo Compás.
O Concello de Culleredo organiza o XVIII Curso de Micoloxía que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Buego entre o 7 e o 10 de novembro. O curso inclúe unha viaxe e recolleita de cogomelos na zona de Torre Lavandeira no concello de Curtis.
O XXIII Festival Internacional de Música de Pulso e Púa "Cidade de Cristal" chega o sábado 6 a Culleredo.
A Aula de Natureza do Burgo acollerá a partir das 20.30 horas o concerto do Grupo de Fados, de Aveiro (Portugal).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER