O Concello programa un Entroido infantil, adulto e coa tradicional lectura do testamento

O Concello de Culleredo presenta un novo programa de Entroido que busca dar resposta aos intereses dos veciños de todas as idades. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, explica que a celebración do Entroido de Culleredo terá unha tripla vertente: para nenos, para adultos e a tradicional Romaría de San Blas en Veiga, coa esperada lectura do testamento.


ENTROIDO INFANTIL

O programa de actos cullerdense arrincará o sábado 9 a partir das 18.30 horas. A actuación de "Mamá Cabra" encherá o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. A entrada será libre.
A concelleira apunta que se trata dun espectáculo musical de calidade e moi entretido para os pequenos do municipio.


ROMARÍA DE SAN BLAS

"Benvidos todos a Veiga, meus benqueridos herdeiros, nunca pensei que acudira tal manada de larpeiros". Así se recibía aos centos de asistentes á celebración do Luns de Entroido de Veiga no ano 1991, a festa de Entroido máis tradicional e xenuína do concello de Culleredo.

Estes versos de recibimento aos participantes formaban parte do chamado testamento, un conxunto de coplas satíricas coas que os veciños repasan a actualidade municipal, autonómica, estatal e mundial. Non hai máis que ler a continuación desta benvida: "Polo que vexo, este ano, veñen todos disfrazados, uns coa cara tapada, outros de porcos cebados".

Como cada ano, o público que asistirá ao Entroido de Veiga espera ansioso o contido do testamento desta edición. A festa celébrase xunto ao cruceiro de Veiga, enmarcada na Romaría de San Blas, o luns 11 de febreiro a partir das 13.00 horas.

A romaría contará coa actuación da orquestra Fania, a agrupación folclórica Ancoradoira e a comparsa Parar de Mera, que porá o toque de humor xunto coa lectura do testamento.

O tradicional Entroido de Veiga foi recuperado en 1984 por un grupo de veciños en colaboración co Concello de Culleredo. Desde entón vén celebrando de forma ininterrompida. Ferreiro anima aos veciños de Culleredo a participar co seu disfrace e o seu bo humor na celebración máis popular do Entroido no municipio.


ENTROIDO DE ADULTOS

Trátase da novidade no programa de festexos do Concello. Terá lugar no centro social de Vilaboa o luns 11 a partir das 22.00 horas. Contará coa actuación de Sergio Pazos, que ofrecerá un divertido monólogo.

A continuación celebrarase o Baile de Entroido cunha orquestra en directo. Haberá premios para os mellores disfraces. Está organizado pola Comisión de Festas de Vilaboa e o Centro Sociocultural e Recreativo de Rutis, cos que colabora o Concello.

Coa inclusión deste festexo proponse unha celebración dirixida á poboación adulta, inédita ata agora no programa de Entroido.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina