Culleredo pechou o campamento urbano desenvolvido durante o Nadal cun sobresaliente éxito de participación e de resultados. Un total de 64 pequenos cullerdenses, de entre 3 e 12 anos de idade, compartiron estas dúas semanas xogos e talleres no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Trátase da segunda edición dos campamentos que organiza a Concellaría de Cultura para ofrecer unha alternativa de lecer durante as festas, obtendo de novo unha gran acollida entre os veciños.
Nesta ocasión, o Concello integrou a actividade no traballo de fomento da lectura que vén realizando coas actividades culturais municipais, as Bibliotecas e os propios centros educativos. Así, os participantes no campamento estiveron na casa da Dragona Ramona, a mascota cultural de Culleredo.
Os pequenos esperaban onte ansiosos a súa chegada. Previamente, a Dragona comunicáralles que non tiña medio de transporte para chegar. Por iso, os nenos elaboráronlle un cartón un barco, que foi o que empregou hoxe para aparecer por sorpresa na finalización do campamento.
Os participantes tamén lle prepararon unha canción e un baile e convidáronlle a degustar as pizzas e polvorones que eles mesmos elaboraron.
Á clausura da actividade acudiu a concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro. A edila destacou que o obxectivo da acción era ofrecer unha actividade "cultural, educativa e lúdica" que fomentase o desenvolvemento de habilidades e aprendizaxes á vez que os pequenos se divirten. "Non queremos simplemente unha actividade que permita deixar alí os nenos, senón que traballe o aspecto educativo", apuntou.
Ferreiro resaltou que o campamento se prolongou ata o 7 de xaneiro, día non lectivo, o que permitiu favorecer as necesidades das familias cullerdenses.
As dinámicas levadas a cabo, cunha metodoloxía lúdica, educativa e activa, abarcaron desde a promoción artística aos deportes, talleres, actividades de educación en valores, de promoción de hábitos saudables, de fomento da igualdade, ambiental, saídas e festas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER