Cultura

A canteira cullerdense de teatro prepara a súa estrea para a fin de semana

As pequenas promesas do teatro de Culleredo están xa ás portas da gran estrea das súas obras. Será o próximo fin de semana, con sesións o sábado 4 ás 20.00 horas e o domingo 5 ás 19.00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, cando a compañía de teatro El Ruiseñor,  presente á súa canteira ante o público. O Concello augura cheo total no auditorio.

O Xardín Botánico do Burgo acollerá un obradoiro de fotografía ambiental

O Xardín Botánico do Burgo acolle a celebración un obradoiro de fotografía ambiental, enmarcado no III Congreso Natureza e Imaxe que organiza o CEIDA, en colaboracion co Concello de Culleredo. Terá lugar os vindeiros días 9 e 10 de maio. Será impartido por Fran Nieto, fotógrafo especializado en macrofotografía e paisaxe.

Culleredo é distinguido polo Ministerio de Cultura pola súa promoción da lectura

O Concello de Culleredo é premiado pola súa campaña de promoción á lectura por parte do Ministerio de Cultura tras a reunión da comisión de avaliación do premio "María Moliner". En concreto, débese á actuación emprendida polas bibliotecas cullerdenses, coa súa mascota a Dragona Ramona, coa que se fomentou o hábito da lectura entre os usuarios máis pequenos. O Concello recibirá do ministerio un lote de libros co que se distingue aos proxectos merecedores deste recoñecemento.

O Concello celebra a XIII Semana do Libro cunha programación especial nas Bibliotecas

O Concello de Culleredo ofrece unha programación especial a vindeira semana con motivo da celebración do Día do Libro. Tratarase da XIII edición da denominada Semana do Libro, con iniciativas dirixidas tanto a público infantil e xuvenil coma adulto co obxecto de promocionar a lectura. A XIII Semana do Libro combinará contacontos, con tertulias literarias, un achegamento á ciencia e un obradoiro de manga.

Culleredo recibe a mostra do IX Certame de Artesanía Antonio Fraguas

O Concello de Culleredo acollerá desde este venres, 19 de abril, a exposición do IX Certame de Artesanía Antonio Fraguas. A mostra permanecerá instalada no Xardín Botánico do Burgo ata o 4 de maio.  Unha cullerdense, Pilar Castiñeira, obtivo o primeiro premio na categoría de Artesanía Tradicional. A veciña do Burgo encadra a súa obra no bordado tradicional.

A Coral Fonte do Souto celebra o sábado o seu XX aniversario

O Concello de Culleredo celebra o vindeiro sábado, 13 de abril, a XVIII edición do Certame de Canto Coral. Nesta ocasión, a cita servirá ademais para conmemorar o XX aniversario da Coral Fonte do Souto, natural do municipio. O certame terá lugar desde as 19.30 horas na igrexa parroquial de Culleredo, sita en Tarrío.
 

O Concello desenvolve en marzo un Ciclo de Teatro Afeccionado

O Concello de Culleredo empezou o sábado 9 o seu ciclo de teatro afeccionado. Organizado pola compañía Carfax de Culleredo e a Concellaría de Cultura, a cita reunirá os sábados que restan do mes de marzo, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o traballo de varias compañías de teatro afeccionado. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a calidade das representacións que se ofrecerán neste ciclo.
 

El Ruiseñor estrea "Agamenon" no auditorio do Conservatorio

A Compañía de Teatro "El Ruiseñor", de Culleredo, estrea a obra "Agamenon", de Esquilo, unha adaptación de Susana Crespo. As datas das estreas son o sábado 2 de marzo ás 20:30 horas e o domingo 3 ás 19:00 horas, no auditorio do Conservatorio. As entradas, a un prezo de 5 euros, poden adquirirse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo en horario de 15.00 a 21.00 horas.
 

O Concello de Culleredo lanza a convocatoria para os Campamentos de Primavera

Os campamentos urbanos de primavera celebraranse no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples. Terán lugar desde o 25 de marzo ao 1 de abril, fóra dos días festivos e o sábado. Diríxense a nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo. O programa de actividades estará guiado pola educación ambiental.

Programación Infantil das Bibliotecas Febrero - Xuño 2013

O Concello de Culleredo publica a programación infantil da Biblioteca municipal "Miguel González Garcés" do Burgo para o que resta de curso, de febreiro a xuño de 2013. O programa, tal e como se pode ver no arquivo adxunto, componse de Contacontos coa Dragona Ramona, Obradoiros de contos, Contos en inglés e Teatro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina