Actualidad

Culleredo implicará á veciñanza do rural na loita contra a velutina

O Concello de Culleredo organiza uns faladoiros sobre trampeo da vespa velutina. Repartiranse 300 trampas para que sexan colocadas nas fincas particulares. 

Culleredo aposta forte polo teatro

Culleredo aposta forte polo teatro, e hoxe dá un paso máis nesta realidade cultural. Faise oficial que  coproducirá a obra ‘ Dreaming  Juliet’ de Elefante Elegante, que ademais son do municipio. Confírmase, por tanto, o plan municipal de dinamización da cultura a través do teatro, con obras gratuítas durante todo o ano e o apoio a escolas e compañías locais.

 

O Concello de Culleredo prepara as actividades para o Día Internacional da Muller

O Concello de Culleredo prepara un compendio de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo. 

Inaugurado o proxecto formativo "Construyendo Economía Circular"

O Concello de Culleredo inaugurou o proxecto formativo "Construyendo Economía Circular" esta mesma semana co comezo do curso de construción con terra.

Programación infantil do mes de marzo

O Concello de Culleredo programa un compendio de actividades para público infantil este mes de marzo. 

Culleredo pide información a Educación para o alumnado que trasladará o próximo curso da Universidade Laboral

O Concello de Culleredo dirixiuse á Consellería de Educación para demandar a “máxima información” ao alumnado de Bacharelato do IES Universidade Laboral, unha vez que o pasado luns publicou no Diario Oficial de Galicia a orde que confirma o seu traslado para o IES Rego de Trabe a partir do próximo curso.

Cortes de tráfico pola celebración do XXIV Rally A Coruña

Este sábado, 29 de febreiro, celebrarase a vixésimo cuarta edición do Rally A Coruña, que terá como lugar de paso o Concello de Culleredo.

Culleredo oferta un obradoiro de coidado de bonsáis no Xardín Botánico

O Concello de Culleredo ofertará durante os días 22 e 29 de marzo un taller de coidado de bonsáis, que se celebrará no Xardín Botánico do Burgo.

Comida da Muller Rural

O 7 de marzo o restaurante Balcobo acollerá esta reunión, de carácter festivo, e á que poderán acudir todas as persoas que así o desexen.

O prezo para socias é de 25 euros, e para non socias é de 35 euros. A saída dos autobuses será desde Celas, ás 13:30 horas. Pódese realizar o pago no local da asociación (Centro Amparo Prego Ruibal, 15198, Culleredo) os días 21, 26 e 27 de febreiro en horario de 18:00 a 19:30 horas.

Culleredo despide o obradoiro de iniciación dunha nova edición de Cullerchef

Culleredo despediu onte o obradoiro de iniciación dunha nova edición do Cullerchef, que se consolidou como unha das actividades municipais con máis éxito. Mañá, xoves 20 de febreiro, terá lugar clausúra do grupo de perfeccionamento, tamén nun Edificio de Servizos Múltiples que onte estaba ata a bandeira. 

Entroido 2020

Vén gozar do entroido ao Concello de Culleredo, isto é todo o que ofrecerá:

 

O club Aguamarina de sincronizada acada a prata no campionato galego, mentres que Claudia Suárez acudirá ao campionato de España por comunidades

O club de natación sincronizada de Culleredo Aguamarina logrou a segunda posición no campionato galgo de inverno júnior que se disputou esta fin de semana en Vigo. As deportistas conquistaron a prata despois dunha dura competición, que referenda o bo traballo que se está a realizar co deporte base en Culleredo.

 

A Xeca e Rosalía de Castro organizan no Pazo de Vilaboa a Cena Anual da Muller 2020

As asociacións cullerdenses A Xeca e Rosalía de Castro, como é tradición, organizan a cea baile anual 2020 con motivo da celebración do Día da Muller. O evento terá lugar no Pazo de Vilaboa, o día 14 de marzo, ás 21:30 horas.

Portavoces das dúas entidades manifestan que teñen como obxectivo duplicar o número de asistentes da pasada edición, tendo en cuenta que é o seu 25 aniversario. Por iso animan a todas as mulleres a unirse a esta festa e que non se perdan a gran oportunidade de encontro.

Para participar no evento, as persoas interesadas poderán inscribirse chamando aos seguintes teléfonos: 639 51 34 66 (María) e 658 29 45 55 (Lolita).

Culleredo extremará a vixilancia policial para loitar contra as verteduras incontroladas no medio rural

O Concello de Culleredo loitará contra as verteduras incontroladas de residuos reforzando a vixilancia policial. 

Culleredo demanda unha solución ás operadoras de telefonía pola falta de servizo á veciñanza desde hai máis dun mes

O Concello de Culleredo contactou con empresas operadoras de telefonía ante os problemas que están a padecer algunhas veciñas e veciños do municipio.

Culleredo da a coñecer o patrimonio pictórico de Lugrís aos escolares do municipio

Culleredo deu a coñecer aos escolares do municipio o patrimonio pictórico de Urbano Lugrís, do que hai varias obras na igrexa de Vilaboa. En total, 55 nenas e nenos de 4º de primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo puideron contemplar os cadros do pintor, e aprender os principais motivos da súa obra.

 

 

Entroido 2020 en Culleredo

Culleredo está preparándose para a chegada do Entroido. 

Dragona Ramona, por partida dobre este febreiro

A Dragona Ramona visitará Culleredo este febreiro por partida dobre! 

Culleredo apúntase á Revolución da edificación verde con 5 módulos de formación

O 3 de febreiro dará comezo en Culleredo o programa EmpleaVerde “Construíndo Economía Circular” dirixido a persoas desempregadas. Son un total de 5 cursos, de entre 50 e 100 horas enfocados no sector da bioconstrución, as enerxías renovábeis e a economía circular.

"Miradas do Imperio", de Alfredo Erias

O Xardín Botánico do Burgo acollerá este venres a inauguración da exposición ‘Miradas  do Imperio’, cuxo autor é Alfredo Erias. Será ás 20:00 horas na aula Juan  Lembeye, e estará aberta ata o 21 de marzo de 2020.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina