Culleredo pide información a Educación para o alumnado que trasladará o próximo curso da Universidade Laboral

O Concello de Culleredo dirixiuse á Consellería de Educación para demandar a “máxima información” ao alumnado de Bacharelato do IES Universidade Laboral, unha vez que o pasado luns publicou no Diario Oficial de Galicia a orde que confirma o seu traslado para o IES Rego de Trabe a partir do próximo curso. A concellería de Educación púxose en contacto coa administración

A concellería de Educación púxose en contacto coa entidade autonómica para trasladar a inquietude existente entre a comunidade escolar. Á súa vez, o goberno municipal está en contacto coas responsables do ANPA para analizar a situación.

Entre as dúbidas do alumnado atópase a oferta de optativas de Bacharel para o alumnado que se cambia ao Rego de Trabe será a mesma da que actualmente dispoñen na Laboral. Polo de agora, a Consellería só informou nun escrito da convocatoria futura dunha reunión coa comunidade escolar unha vez teña configurada a oferta formativa de 2º de Bacharelato.

Tamén se descoñecen con exactitude os plans da Xunta para o FP Marítima Pesqueira, cuxas actuais instalacións serán as que acollan as novas aulas do Rego de Trabe, segundo transmitira no seu día a Consellería.

Polo demais, en canto á matrícula para os que se trasladan ao Rego de Trabe, a Xunta confirmou que non deben solicitar a admisión no Rego de Trabe. Simplemente terá que formalizar a súa matrícula no período entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. O goberno local confía en que Educación ofreza con moita brevidade toda a información que require o alumnado da Laboral afectado polo cambio determinado pola Xunta.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina