Actualidad

O Concello de Culleredo celebrará mañá unha sesión plenaria urxente

O Concello de Culleredo celebrará mañá, mércores 18 de novembro, unha sesión plenaria de carácter urxente, coa seguinte orde do día:

1.- Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión.

2.- Proposición relativa á aprobación do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano da Coruña.

Poderedes seguir a sesión en directo a través da canle oficial de Youtube do Concello de Culleredo: https://bit.ly/38QA4Cb.

Dará comezo ás 10:00 horas. 

Un novo directorio online para coñecer o comercio e hostalaría de Culleredo

O Concello de Culleredo estrea unha guía online para dar visibilidade ao sector do comercio, servizos e hostalaría do municipio. O obxectivo é facilitar á cidadanía a información do variado tecido económico local para incentivar as compras de proximidade, cuestión esencial especialmente polos efectos da pandemia.

O Concello tramita investimentos de 1,5 millóns financiados polo FEDER

O Concello de Culleredo inicia por case 1,5 millóns de euros a contratación de varios proxectos baixo fondos FEDER e dentro do plan Culleredo Vivo. Trátase da renovación dos centros sociais de Sueiro e Sésamo, o proxecto de humanización en Vilaboa e a mellora da seguridade viaria na zona escolar urbana do municipio. Estes traballos están cofinanciados pola Unión Europea a través de Fondos FEDER. 

Suspensión de actividades

Debido á situación sanitaria xerada pola COVID19 anunciamos a suspensión, ata novo aviso, das seguintes actividades:
 
- Curso de Poda e Enxertos.
- Técnicas de Limpeza e Desinfección en Entornos Comerciais e Empresariais. ( encadrado dentro do Plan de Reciclaxe Profesional COVID-19).

 

Culleredo cancela o Feirón deste domingo

O Concello de Culleredo decidiu suspender o Feirón previsto para este domingo, 8 de novembro, e con motivo da incidencia da COVID-19 no noso municipio. 

 

O Concello repartirá 30.000 máscaras sanitarias para escolares, asociacións e colectivos máis vulnerables

O Concello de Culleredo fará efectivo o reparto de 30.000 máscaras sanitarias para escolares, asociacións, entidades deportivas federadas e colectivos máis vulnerables do municipio.

Pleno ordinario da corporación do Concello de Culleredo con data 29/10/2020

O Concello de Culleredo celebrará mañá a sesión ordinaria do Pleno municipal con data 29 de outubro de 2020. 

Sae a licitación a construción dunha senda peonil en Peiro, demanda histórica da veciñanza

A veciñanza de Peiro disporá nos vindeiros meses dunha senda peonil na estrada principal do núcleo, a  DP-3109. Trátase dunha demanda histórica dos residentes para mellorar a súa seguridade viaria.
 

DELIMITACIÓN DAS SERVIDUMES AERONÁUTICAS ACÚSTICAS DO AEROPUERTO

Consulta aquí o Boletín Oficial do Estado, onde se somete a información pública a delimitación das servidumes aeronáuticas acústicas do Aeroporto da Coruña, o Real Decreto e Plan de Acción asociado, durante un período de 45 días, contados a partir da data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Culleredo pon en marcha o plan de formación de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos

O Concello de Culleredo pon en marcha o plan de formación de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do municipio.

Curso de 'alfabetización dixital e trámites en liña coas administracións'

O Concello de Culleredo dá continuidade á formación de ‘Alfabetización dixital e trámites en liña coas administracións’.

O Concello de Culleredo amplía os servizos das bibliotecas González Garcés e Cardeso Liñares

O Concello de Culleredo amplía os servizos das bibliotecas do Burgo e Vilaboa. A partir do 13 de outubro, procederase á apertura destes espazos en horario de 9:00 a 15:00 horas no caso da González Garcés, e de 9:00 a 14:00 horas no caso da Cardeso Liñares.

Curso de ‘Poda e enxertos’

O Concello de Culleredo, a través da área de dinamización, formación e emprego, organiza un curso de ‘Poda e  enxertos’ para veciños e veciñas do municipio con máis de 18 anos. O período de preinscrición comeza o próximo 13 de outubro ás 9:30 horas e cubriranse prazas por estrita orde de solicitude. 

ROBÓTICA NA BIBLIOTECA

Este venres, 2 de outubro, ás 18:30 horas na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa, terá lugar un obradoiro de 'Robótica na biblioteca'.

Pleno ordinario do Concello de Culleredo con data 24 de setembro de 2020

O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 24 de setembro, o pleno ordinario da corporación, ás 13:30 horas. 

Xestión de incidencias na recepción do sinal TDT a causa da activación do 4G

Llega800 xestiona as incidencias na recepción do sinal TDT causado pola activación da tecnoloxía 4G en Culleredo totalmente de balde para as persoas usuarias. 

I CICLO CULTURA CON CONCIENCIA

Lembra que xa se poden reservar as entradas para as obras do I Ciclo Cultura con Conciencia, certame que dará comezo este xoves 24 de setembro.

 

Convocatoria extraordinaria do Pleno da Corporación de Culleredo con data 10 de setembro

Mañá, xoves 10 de setembro, terá lugar a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación de Culleredo, coa seguinte orde do día:

I Carreira Online de Asotrame, do 11 ao 27 de setembro

O próximo 11 de setembro dará comezo a I Carreira Online de Asotrame, un evento que durará ata o 27 de setembro. Conta coa colaboración do Concello de Culleredo, co obxecto de acadar fondos para programas da entidade.

Petición de medidas de seguridade en infantil e primaria ante o inicio do curso

As ANPA de Culleredo, co apoio do Concello, reclaman á Xunta de Galicia medidas para incrementar a seguridade do alumnado de Infantil e Primaria no inicio do curso escolar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina