O Concello de Culleredo, a través do Centro de Información e Participación Xuvenil (CIPAX), organiza un obradoiro XOGOS DE ROLES OCULTOS. Terá lugar o sábado 28 de outubro no Centro Virginia Blanco (Fonteculler) en horario de 18:00 a 21:00 horas, e está destinado para a poboación de entre 12 e 30 anos e cun límite de 15 prazas.
O Concello de Culleredo, a través do CIPAX, organiza campamentos de verán para a mocidade. O prazo de preinscrición estará aberto do 4 ao 12 de xuño. As actividades desenvolveranse do 4 ao 15 de xullo.
O Concello de Culleredo oferta campamentos de verán específicos para a mocidade. Serán do 1 ao 12 de xullo e basearanse en actividades de interese para a xuventude, como deportes de aventura, alternativos e acuáticos.
Os mozos de Culleredo tamén tiveron os seus propios campamentos, organizados polo Concello. O venres clausuráronse as actividades, nun acto que tivo lugar no IES Rego de Trabe coa asistencia do concelleiro de Deportes e Xuventude, Miguel Suárez.
O Concello de Culleredo organiza campamentos en veran especificos para a mocidade. Os de 14 a 17 poderán participar nun campamento náutico, con actividades como surf, travesías en canoa, ou padel surf; e os de 12 e 13, nun campamento urbano de deportes alternativos.
Os mozos de Culleredo disporán desde esta semana dun novo plan de actividades específicas, lanzadas polo Concello. Serán os venres pola tarde nas instalacións do novo centro cívico de Fonteculler e consistirán en clases de Modern Dance, bailes latinos e zumba.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER