O Concello de Culleredo celebrará o luns, 28 de abril, ás 13.00 horas, o sorteo dos membros de mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o 25 de maio de 2014. O acto será público.
Como consecuencia da convocatoria das Eleccións o Parlamento Europeo ponse en coñecemento do público en xeral que nas oficinas municipais durante o prazo do 7 ao 14 de abril, ambos os dous incluídos, están expostas ao público as listas electorais.
Bases xerais e listas en vigor. Bases xerais para a selección de funcionarios interinos e persoal laboral temporal mediante listas de substitución e listas en vigor. (ver documentos adxuntos)
O Concello de Culleredo informa aos veciños afectados polo Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro, nesta segunda fase, das tramitacións a realizar perante a AENA, de cara a asegurar a insonorización das súas vivendas.
A campaña de esquí 2014 da Deputación da Coruña celebrarase este ano en San Isidro, do 21 ao 23 de febreiro. A inscrición poderá formularse do 23 ao 28 de xaneiro no Concello.
O Concello de Culleredo lanza a programación infantil das Bibliotecas Municipais de xaneiro a xuño de 2014. O programa ofrece contacontos coa Dragona Ramona, obradoiros, contos en inglés e os novos "Biblioxogos".
Publicación das listaxes de agarda nas escolas infantís do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar radicadas en Culleredo.
O Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo conformaron unha ampla campaña para a dinamización comercial do municipio. Desenvolverase ata o 5 de xaneiro nos núcleos con máis negocios do termo.
O Concello de Culleredo ofrece unha ampla programación cultural para as festas do Nadal. Obradoiros, representacións teatrais, xogos, concertos e galas conforman un programa gratuíto no que a Concellaría de Cultura anima ademais a aportar alimentos non percedoiros na entrada.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER