O día 11 de xaneiro, no Burgo, terá lugar o Contacontoscoa Dragona Ramona "Os tres bandidos". Entrada libre para todos os públicos a partir de 3 anos.
O Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Cultura e do Servizo de Normalización Lingüística, e coa colaboración da Deputación da Coruña, vén de publicar un despregable cheo de xogos e cómics baixo o nome 'O teu Nadal en Culleredo' dirixido aos máis pequechos da casa.
Os días 26, 27 e 28 de decembro terán lugar en Culleredo diversos obradoiros para os nenos e nenas de Culleredo, así como para a mocidade.
O sábado 22 de decembro, ás 18:00 horas da tarde, terá lugar no Conservatorio de Música de Culleredo a Gala de Nadal a favor de Anhida Coruña. As entradas están dispoñibles no `Bar Manolo´ de Acea de Ama, que está pechado de 16:00 a 18:00 horas polas tardes.
O xoves 20 de decembro terá lugar o II Certame de Panxoliñas APEM, ás 18:00 horas no edificio de Servizos Sociais.
O sorteo de figurantes para a cabalgata 2019 do Concello de Culleredo celebrarase mañá, mércores 19 de decembro.
O Carteiro Real, o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos visitarán diversos centros cívicos sociais do Concello de Culleredo.
Entre o 26 de decembro e o 7 de xaneiro desenvolverase o Campamento municipal de Nadal, no CEIP Isaac Díaz Pardo e contemplado no programa municipal para a conciliación.
Do 2 ao 4 de xaneiro, desenvolverase no polideportivo de Vilaboa o Campamento do Portazgo SD.
Do 26 ao 28 de decembro, e tamén do 2 ao 4 de xaneiro, terá lugar no polideportivo de Vilaboa, o Campamento do Portazgo SD.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER