O centro social, cultural e recreativo de #Rutis albergará unha charla divulgativa sobre ciencia, dentro do ciclo "Ciencia para todos". Por título "Magia de los griegos", Vicente Moret falará da lenda de Talos, de Herón de Alejandría, de Pitágoras...
Os rapaces que participaron na charla anterior non teñen porque cubrir novamente o cuestionario. Si o teu fillo aínda non está anotado no club da Ciencia do centro social e desexas que participe neste segundo coloquio, debes cubrir o formulario de inscrición,
O Concello de Culleredo e a Deputación Provincial da Coruña veñen de firmar dous convenios para propiciar importantes prestacións sociais aos veciños do municipio cullerdense. O alcalde, José Ramón Rioboo, deu conta dos textos no último pleno ordinario do pasado xoves, 31 de xaneiro.
O Concello de Culleredo dá un paso máis en asumir infraestruturas por parte doutras administracións para adecuar o seu mantemento ás necesidades dos veciños dos seus entramados residenciais. O pleno aprobou a proposta do goberno local de solicitar formalmente á Xunta o traspaso da AC-213, que atravesa O Burgo e Almeiras.
O venres 8 de febreiro, ás 20:00 horas na sala de vídeo do edificio de Servizos Múltiiples do Burgo, terá lugar a presentación do libro "El silencio de la verdad sin tiempo", de Andrea R. Machín.
Sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 20.00 h.
Presentación do libro El silencio de la verdad sin tiempo, de Andrea R. Machín
Entrada libre.
Conservatorio de Música de Culleredo. 19.00 h.
Cullencontro en 44:05: Huub Leeuw-Método Suzuki.
Entrada libre.
Biblioteca González Garcés do Burgo. 18.30 h.
Contacontos coa Dragona Ramona: Amigos.
A partir de 3 anos. Entrada libre.
Sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 19.30 a 21.00 h.
Tertulia de Arte: Estratexias da visibilidade na arte, coa artista Luisa Valdés.
Entrada libre.
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h.
Cancioneiro multicultural.
De 0 a 100 anos. Entrada libre.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER