Culleredo organiza para os seus maiores unha excursión a Ribeira o próximo 19 de outubro con 100 prazas dispoñibles

O Concello de Culleredo organiza para os seus maiores unha excursión a Ribeira para o próximo 19 de outubro con 100 prazas dispoñibles. O prazo de preinscrición abrirase o mércores 2 de outubro e pecharase o venres 11 de outubro. Poderá realizarse presencialmente na segunda planta do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou nos teléfonos 981 66 55 97 e 649 40 76 04 en horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá que aboar unha taxa polo transporte e outra pola comida, a visita ao Hórreo de Araño e o baile.
 
 

Culleredo dá a benvida ás alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego que percorrerán a segunda etapa do Camiño

Culleredo deu a benvida esta mañá, concretamente ás 8:30 horas, aos ‘peregrinos’ que realizarán un percorrido pola segunda etapa do Camiño desde a Igrexa de Santiago do Burgo, en Culleredo, ata Aquelabanda, en Abegondo. En total, un roteiro de 14 quilómetros.

O Concello abrirá o vindeiro luns o prazo para preinscribirse nas Escolas Municipais 2024/2025

O Concello de Culleredo abrirá o vindeiro luns, 9 de setembro o prazo de preinscrición para as Escolas Municipais culturais e deportivas 2024/2025. Poderán formalizarse ata o 16 de setembro; a lista de persoas preinscritas publicarase o 19 e o sorteo público de prazas será o día 25 deste mes.

Info completa aquí

Culleredo clausura unha nova edición dos campamentos de conciliación de verán coa participación de 456 nenas e nenos

O Concello de Culleredo clausurou esta mañá os campamentos de verán ‘Mañás de Campamento’ no Xardín Botánico do Burgo. A iniciativa púxose en marcha para a conciliación das familias do municipio, reunindo durante todo o verán a 456 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Clubs de lectura en Culleredo 2024/2025

Queres formar parte dos clubs de lectura das bibliotecas de Culleredo? Pois ben, o proceso de inscrición comeza o vindeiro luns, 2 de setembro. Poderás facelo en persoa na do Burgo, así como no enderezo electrónico bibliotecas.municipais@culleredo.es ou no teléfono 981 66 55 97.

O Concello impulsará a terceira edición do programa de formación e emprego 'Culleredo Activo' para 20 personas desempregadas

O Concello de Culleredo impulsará unha terceira edición do programa de formación e emprego ‘Culleredo Activo’, no que 20 persoas en situación de desemprego - 14 de Culleredo e 6 da Coruña - poderán formarse nas especialidades de operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción; así como en traballos de carpintería e mobles.

Culleredo elabora a súa Axenda Urbana cun proceso aberto para implicar a veciños e asociacións

O goberno de Culleredo iniciou o desenvolvemento da iniciativa ‘CulleredoVivo Vive’, que dá continuidade á anterior EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado), denominada CulleredoVivo. O Concello está a impulsar así a súa Axenda Urbana a través desta Estratexia Territorial Integrada (ETI) e o punto de partida é a confección dun Plan de Acción Integrado (PAI) que marcará a folla de ruta e posibilitará optar ao financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Este plan, con participación cidadá, busca un desenvolvemento sostible nunha tripla dimensión ambiental, económica e social. 

 
 

Trofeos de Fútbol 2024 Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo organiza os seus tradicionais trofeos de fútbol nos que participan os clubs do municipio. Son os seguintes: XXV Trofeo de Fútbol Veteranos, XLV Trofeo de Fútbol Afeccionado, VI Trofeo de Fútbol Feminino e X Trofeo de Fútbol Base.

O alcalde dá a benvida ao novo tenente da Garda Civil de Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo, recibiron esta mañá a Francisco Gómez, novo tenente do posto principal da Garda Civil no municipio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina