O Concello de Culleredo e as oenegués organizadoras (Mestura, Médicos del Mundo, Cruz Roja, Cáritas e Refugees Welcome), con ámbito de actuación no municipio, poñen en marcha o concerto-maratón solidario en favor do pobo ucraíno, baixo o cancelo #CulleredoConUcraína, co fin de poder recadar fondos e destinalos, a través das oenegués que traballan no ámbito internacional e local, a axuda humanitaria para paliar as consecuencias de tan terrible episodio.
O Concello de Culleredo informa de que o corte terá lugar o 18 de marzo, en horario de 10:00 a 15:00 horas e o 19 de marzo, de 15:00 a 23:00 horas.
Culleredo rendeu esta mañá unha sentida homenaxe ás persoas voluntarias durante a pandemia, xusto cando se cumpren dous anos do decreto do estado de alarma. Onte, a explanada do Burgo acolleu un acto ao que acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo; os edís e edilas do grupo de goberno; María Rivas, subdelegada do Goberno; Esteban Miguélez, Brigada da Garda Civil e Oliva García e Francisco Saavedra, en representación da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, directoras e directores de varios centros educativos, persoal sanitario e as persoas homenaxeadas e as súas familias.
O Concello de Culleredo canalizará a axuda humanitaria a Ucrania a través das oenegués do municipio. Desde a Administración local, que leva varias semanas traballando no plan de continxencia, decidiuse coordinar coas principais organizacións coas que ten convenio toda a loxística, xa que “neste momento, comunícasenos que a mellor maneira de prestar axuda é economicamente”, sinalan as persoas que integran estas ONG’s.
Baixo o lema “Igualdade de xénero hoxe, para un mañá sostible” elixido polas Nacións Unidas para conmemorar o Día Internacional da Muller 2022, o Concello de Culleredo realizará un acto simbólico que ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación sobre a problemática da desigualdade de xénero, dándolle visibilidade, poñendo en valor o papel da muller aínda discriminada en moitos eidos, e reivindicar un cambio de actitudes colectivas e individuais necesarias para acadar a igualdade real e xusta.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER