O V Festival da non violencia e pola igualdade celebrarese no Conservatorio Municipal ás 20.00 horas do vindeiro 25 de novembro.
O Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.
A rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.
O alumno de Clarinete Diego Camiños Blanco representará ao Conservatorio de Culleredo no concurso que se celebrará o mércores 16 de novembro na súa Fase Autonómica, na Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela. O acto comezará A partir das 16:30 hora.
A mostra colectiva "Pintando á natureza", da asociación de Artistas Plásticos de Galicia chega á sala de exposicións dos Muíños de Acea de Ama. A inauguración será o venres 11 ás 20.30 horas.Para máis información, dirixirse a Concellaría de Deportes e Participación Cidada, no edificio de Servizos Múltiples. Téléfono: 981665597 / e mail: deportes@culleredo.org
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER