O Concello delegará á Deputación o cobro de taxa das empresas de suministros

O Concello de Culleredo mellorará a xestión e cobro da taxa pola utilización da vía pública por parte das empresas explotadoras de suministros. Será o caso das que prestan servizos de gas, telefonía fixa, auga ou electricidade. A Deputación asumirá a xestión e control para verificar que os pagos son correctos.

CONCURSO-EXPOSICIÓN ORNITOLÓXICO

Entre os días 18 e 27 de novembro desenvólvese, na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico Ría do Burgo, as actividades do XXXVI Concurso-exposición ornitolóxico, que organiza a Sociedade Coruñesa de Canaricultura e no que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo dende hai xa varios anos.

Campamentos urbanos de Nadal

cartelO Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para os novos Campamentos Urbanos de Nadal, que terán lugar no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo no período vacacional dos rapaces. Para fomalizala, cómpre entregar o boletín cuberto na Concellaría de Cultura até o venres 25 de novembro.

21 Xogos da Amizade: Judo

Amizade JudoDomingo 27 de Novembro. Polideportivo de Tarrio, de 10:00 a 14:00 h.

 

Teatro: "Un corazón perfecto" no Burgo

 

TETERELLA TEATRO. "UN CORAZÓN PERFECTO"  de Carmen Blanco

Contacontos na biblioteca do Burgo

 

A Biblioteca Miguel González Garcés, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, acolle o venres 18 de novembro, ás 18.30 horas, a representación do contacontos "A dragona Ramona".

Está dirixido a nenos a partires dos 3 anos de idade  e o acceso é libre.

V Festival da non violencia e pola igualdade

 

O V Festival da non violencia e pola igualdade celebrarese no Conservatorio Municipal ás 20.00 horas do vindeiro 25 de novembro.

Concentración contra a violencia de xénero

 
O propio 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, está programada a concentración de repulsa e lectura de manifesto contra esta violencia, no marco da campaña que desenvolve o Concello de Culleredo.
 

Culleredo emprende a campaña contra a violencia de xénero nos ámbitos social, educativo, cultural e deportivo

cartel campañaO Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.

O Concello asfalta as rúas do Monte Alfeirán

obrasA rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina