BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CULLEREDO
PROGRAMACIÓN INFANTIL
VENRES 8 DE XUÑO:
Biblioteca “González Garcés” do Burgo. 18.30 horas.
Contos en inglés: The Gruffalo.
Nenos/as a partir de 5 anos. Entrada libre.
CLAUSURA DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE MAIORES
VENRES 15 XUÑO NO EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO BURGO A PARTIR DAS 17.15 HORAS
DOAZÓN DE SANGUE EN VILABOA
A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará situada o vindeiro martes 12 de xuño en Vilaboa, fronte á igrexa, en horario de 16.00 a 21.00 horas.
O recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo prepárase para recibir este fin de semana por centos de visitantes. O Concello de Culleredo, coa colaboración do Automóbil Club de Culleredo, organiza o IV Encontro de Coches Clásicos, Históricos e Deportivos que reunirá a un centenar de modelos e permitirá gozar das peripecias dos pilotos.
O polideportivo do Burgo acolle este domingo 3 de xuño, o XV Festival de Aeróbic Escolar. No arquivo adxunto pódense ver os horarios e colexios e clubs participantes.
O Concello de Culleredo comeza os traballos de reparación do paseo do Río Trabe, que conecta O Burgo con Vilaboa, e que foi executado pola Xunta de Galicia. Unha vez finalizada aquela actuación apareceron vicios ocultos que danaron gravemente o paseo. En vista da falta de actuación autonómica, o Concello decidiu asumir a intervención.Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER