Culleredo loitará contra a reforma local que aprobou en decembro o Goberno do Estado. O pleno, a proposta do equipo de goberno, aprobou a interposición dun conflito ante o Tribunal Constitucional contra a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local.
O Concello de Culleredo presenta un programa de Entroido que busca dar resposta aos intereses dos veciños de todas as idades. O goberno local confección un programa con vertentes para nenos, adultos e maiores.
O Concello de Culleredo participa o mércores 26 de febreiro na xornada "Oportunidades dos productos locais para o emprendemento no sector agroalimentario", que celebra a reserva de biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, da que forma parte. A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, moderará unha das mesas de debate do evento.
Culleredo acolle no xardín botánico do Burgo a súa exposición máis solidaria. Trátase da mostra do concurso "Imaxes con fondo" que organizou o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que forma parte o Concello de Culleredo. A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro venres 7 de marzo.
O Concello de Culleredo organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller para coñecer a factura eléctrica e aprender a reducila. Terá lugar o día 27 de febreiro no Pazo de Vila Melania ás 19.30 horas.
A Concellaría de Cultura de Culleredo organiza durante os meses de marzo e abril un curso de iniciación á grafoloxía. Trátase da segunda edición da iniciativa, dada o éxito cultivado na primeira, que tivo lugar en novembro.
Culleredo e a rexión italiana de Reggio Calabria iniciaron o proxecto Schoolab. Está participado polo Concello, o IES Blanco Amor e a ONG Mestura por parte española, e pola Deputación de Reggio Calabria, o instituto Magistrale Gulli, e a asociación Pronexus, por parte italiana. A súa finalidade: desenvolver estratexias conxuntas para afrontar o absentismo escolar.
O goberno local acaba de remitir unha listaxe cunhas 150 correccións nos domicilios e con 30 inmobles a incorporar ao Plan de Illamento Acústico do aeroporto. Esta celeridade en confeccionar e enviar este informe mereceu o agradecemento da oficina de xestión. Coa información enviada, a oficina revisará o censo e remitirá de novo a carta a aqueles residentes que non a recibiron.
O seminario, titulado "Manexo dos trastornos de personalidade polos servizos profesionais de proximidade: estratexias e casos", organizado polo Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Trastornos de Personalidade (TP Galicia) logra un gran éxito de público. Asistiron cerca de 40 persoas ás sesións celebradas en Vilaboa.
O Club Natación Culleredo quedou terceiro na clasificación xeral do XV Encontro Concello de Arteixo, con 16 medallas. O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, quere felicitar en nome do Concello de Culleredo ao Club polos excelentes resultados e sobre todo o enorme traballo e esforzo que están a realizar.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER