Masterclass de zumba

Data : 
08/10/2017 - 17:30
Este domingo, 8 de outubro, o Balonman Culleredo? organiza unha #Masterclass de #zumba no Pavillón Municipal de Almeiras.
 
O evento comezará ás 17:30 horas. 

I Carreira e Andaina polo Párkinson

Data : 
22/10/2017 - 10:30
O Paseo Marítimo do Burgo acollerá o 22 de outubro a 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Párkinson 
 
A proba, organizada pola Asociación Parkinson Galicia-Coruña xunto co Concello de Culleredo e Castelo Deporte, ten como obxectivo recaudar fondos para loitar contra esta enfermidade.
 
A carreira terá unha distancia de 9 km mentres que os participantes na andaina percorrerán 2 km.

'I Memorial Tino Poza' de artes plásticas

Data : 
07/10/2017 - 09:00
O Concello concibe o memorial como unha xornada dun día, de pintura "in situ".  Poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc. A ría do Burgo, co seu patrimonio natural e monumental, será o tema sobre o que deben versar as obras nesta primeira edición.
 
O evento comezará ás 9.00 horas, cando se abrirá a inscrición e selado das teas ou outro material que elixa cada artista para a súa obra. A entrega dos traballos deberase realizar entre as 15.00 e as 16.30 horas.
 
O certame está aberto á participación de calquera persoa, posto que se obxectivo é difundir as artes plásticas entre o conxunto da cidadanía. Establécense tres categorías: adultos, xuvenil e infantil. Para o caso dos adultos estableceranse tres premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros respectivamente, mentres que para as restantes concederase material.

Inauguración exposición fotografía

Data : 
06/10/2017 - 20:00

Aula de Natureza do Xardín Botánico do Burgo. 20.00 h:

Inauguración da exposición de fotografía Un migrante na rúa. Unha homenaxe á interculturalidade, á pluralidade e á diversidade, da asociación Espaciosquare da Coruña. Haberá un espectáculo poético-musical Rosalía e a diáspora, a cargo da Agrupación Albéniz e Lidia Bao.

Ata o 4 de novembro.

'Títeres Alakrán', de Circo Galaico.

Data : 
06/10/2017 - 19:30

Salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 19.30 h:

XIII Festival Internacional “Galicreques”, do Consorcio das Mariñas.

“Títeres Alakrán” (Galicia): Circo Galaico.

A partir de 4 anos.

Encontro Internacional de Música de pulso e puga

Data : 
06/10/2017 - 10:30

Salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 10.30 h:

Encontro Internacional de Música de pulso e puga en Galicia 2017.

Un espectáculo didáctico-musical: Dúo Nuestra Herencia&Jesús Alejandro Sánchez (Colombia).

As actuacións do Encontro Internacional de Música de pulso e puga son para colexios -xa están concertados-, non están abertas ao público.

Encontro Internacional de Música de pulso e puga

Data : 
04/10/2017 - 10:30

Salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 10.30 h:

Encontro Internacional de Música de pulso e puga en Galicia 2017.

Actuación didáctica-musical, a cargo de Mandolin Quartet Seasons de Sofía (Bulgaria).

As actuacións do Encontro Internacional de Música de pulso e puga son para colexios -xa están concertados-, non están abertas ao público.

Presentación libro: 'Los Sauces de Arén'

Data : 
06/10/2017 - 20:30

A sala de audiovisuais do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá ás 20:30 horas a presentación do libro 'Los Sauces de Arén', de Conchi de Sousa Mateos.

Programa de actividades infantís nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís ata decembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa), que comezarán no mes de outubro.

 

 

 

Conferencia 'O xardín como metáfora visual'

Data : 
05/10/2017 - 19:30

Ciclo de conferencias de Luisa Valdés no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Os xoves cada 15 días.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina