Actuación musical de Maquinarias Teatro e Roger de Flor que xira en torno á muller nos textos e cancións de Bob Dylan.
No Edificio de Servizos Múltiples. Recollida de invitacións unha hora antes.
O Concello organiza dúas quenda dos Cursos de Micoloxía, que alcanzan a XXIII edición. A inscrición estará aberta do 2 ao 6 de outubro.
Os próximos días 12,13,14 e 15 de outubro terá lugar nas instalacións de Padelplus - Culleredo o primeiro torneo de Pádel solidario de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).
A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue estará situada o mércores 20 de setembro na plaza de Europa do Burgo no seguinte horario: de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas.
O polideportivo municipal de Vilaboa xa volve funcionar tras as obras de modenización acometidas no verán polo Concello de Culleredo. A instalación, xa veterana, requiría dunha importante renovación para incrementar as súas prestacións aos usuarios.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo o venres unha reunión de traballo con Autopistas do Atlántico para abordar as afeccións por ruído que presenta a AP-9 no municipio. Foi acompañado do equipo redactor do Plan Xeral, dado que o informe de Medio Ambiente pedía á súa vez que se revisasen algúns ámbitos afectados polo ruído da infraestrutura.
O goberno de Culleredo aproveitou os meses de verán para acometer un plan de mellora dos colexios, escolas unitarias e escolas infantís do municipio con obxecto de que as instalacións estean preparadas no inicio do novo curso. Utilizando o período vacacional evitáronse molestias no desenvolvemento da actividade docente que empeza hoxe. O investimento municipal superou os 60.000 euros.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER