O venres 21 de decembro, terá lugar a presentación do libro de poesía `Haikiños de luces y sombras´, da ilustradora e poeta coruñesa María Miguez. Será na Rectoral de Celas ás 20:00 horas.
O venres 14 de decembro, o Conservatorio de Música acollerá o concerto didáctico de piano e frauta, a cargo das alumnas e alumnos do profesor Vicente Castro e a profesora Paloma Catalá.
O venres 14 de decembro, no edificio de Servizos Múltiples do Burgo, a compañía de teatro Malasombra daralle vida á obra `Os fabulosos cleaners´. Pódense recoller as invitacións desde unha hora antes do comezo da función.
O xoves 13 de decembro terán lugar, no salón de actos do Conservatorio de Música, dúas actividades. Ás 17:00 horas haberá un concerto didáctico de piano, a cargo dos alumnos e alumnas de Susana Polo. Ás 19:30 horas, o Cullercontro con Eulogio Albalat, catedrático de guitarra do Conservatorio Superior de Música da Coruña.
O xoves 13 de decembro terá lugar o obradoiro de cociña saudable, para nenas e nenos de 7 a 12 anos, e en dúas quendas. De 17:00 a 18:30 horas, e de 19:00 a 20:30 horas.
O mércores 12 de decembro terá lugar un concerto didáctico de violín, a cargo dos alumnos e alumnas de Teresa Dieste, no Conservatorio de Música.
O Concello de Culleredo estreará unha pista de xeo no paseo marítimo como gran novidade da súa oferta de ocio para o Nadal.
O Concello de Culleredo abre hoxe, e ata o 5 de decembro, o prazo para anotarse nos Campamentos de Nadal. Terán lugar os días 16, 27 e 28 de decembro, e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019, no CEIP Isaac Díaz Pardo.
O Concello de Culleredo acaba de completar un proxecto de mellora da iluminaciónna rúa Templarios, no Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER