O 4 de xaneiro, o carteiro real visitará os centros sociais de Almeiras, Castro Laxe e Sueiro.
Os días 2, 3 e 4 de xaneiro, na praza Europa estará dispoñible o espazo para a mocidade. Haberá xogos con simulación 3D.
Os días 2, 3 e 4 de xaneiro, permanecerán abertas ao público as carpas de Nadal, na praza Europa e Vila Melania, con xogos en familia, música, inchables, coreografía...En horario de 17:30 a 20:00 horas.
Durante os días 26, 27 e 28 de decembro terán lugar os obradoiros de Nadal para nenos de 5 a 10 anos. Desenvolveranse no Centro Cívico de Fonteculler e Vila Melania. De 11 a 16 anos, os obradoiros serán de stamp carving, pop cakes e muffins e pulseiras de coiro.
O 21 de decembro, na praza Europa e en Vila Melania, terá lugar a recollida de cartas a Papá Noel. De 18:00 a 20:00 horas.
O venres 21 de decembro terá lugar a Festa de Nadal no Centro Cívico Virxinia Blanco de Fonteculler. Haberá un concerto de panxoliñas a cargo da agrupación Voces Veteranas de Culleredo, e baile amenizado polo Dúo Compás.
O martes 18 de decembro, o auditorio de Servizos Múltiples acollerá a proxección do documental `O desafío do Sil´.
O Concello de Culleredo e a Cruz Vermella organizan unha campaña solidaria de recollida de xoguetes.
O 15 de decembro, a explanada multiusos do Burgo acollerá a quinta edición da Papanoelada motera, que dará comezo ás 16:30 horas.
O sábado 15 de decembro, a explanada multiusos do Burgo acollerá a Papanoelada Motera, na súa quinta edición. O evento comezará ás 16:30 horas, e rematará ás 19:00 horas cunha chocolatada.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER