EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES
| |
Representa o principal referente da actividade cultural do municipio, albergando, entre outros, os servizos técnicos de Cultura. Está situado na parroquia do Burgo e ten unha superficie de 2000 m2, coas seguintes instalacións: sala polivalente (teatro, música etc.), sala de conferencias, sala de video, biblioteca, despachos do persoal e aulas de actividades. O seu enderezo é: | |
SALA DE EXPOSICIÓNS "XOSÉ REY LAGO" | |
Localízase no complexo museográfico de Acea de Ama, na parroquia de Santiago do Burgo. Dispón de 2 plantas. Acolle as exposicións organizadas pola Concellaría. O seu enderezo é: Avda. de Acea de Ama, s/n. | |
MUSEO DOS MUÍÑOS "ANDRÉS PAN VIEIRO" | |
Emprazado no mesmo lugar que o anterior, acolle no seu interior un museo dedicado ao mundo da muiñaría. | |
AULA DE NATUREZA "JUAN LEMBEYE" E XARDÍN BOTÁNICO "RÍA DO BURGO" | |
Aula da Natureza e Xardín Botánico do Burgo Están emprazados no paseo marítimo do Burgo. Ademais das visitas ao xardín, realízanse actividades ambientais e culturais. O enderezo é: Avda. Xoán Carlos I, s/n.
| |
BIBLIOTECA "MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS" | |
Situada na primeira planta do edificio de Servizos Múltiples do Burgo (r/ Ramón Cabanillas, 14), é a biblioteca central do Concello. Teléfono: 981665597 Sala de lectura e informática de adultos Sala infantil | |
BIBLIOTECA MUNICIPAL "XOSÉ CARDESO LIÑARES" DE VILABOA | |
Pazo de Vila Melania de Vilaboa Situada no segundo andar do Pazo de Vila Melania en Vilaboa (avda. de Vilaboa, nº 42). Teléfono: 981650077. Horario: Luns a venres: de 9:00 a 14:00 horas.
Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares" | |
BIBLIOTECA DE POESÍA "UXÍO NOVONEYRA" DE VILABOA | |
Situada no edificio "Villa Melania" en Avda. Vilaboa, 42. Teléfono: 981650077
Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra" | |
TORRE DE CELAS | |
Está situado na parroquia de Santa María de Celas. Consta de tres plantas, cunha superficie total de 192 m2. Nun edificio próximo, cedido ás asociacións veciñais da parroquia, hai servizo de cafetaría, aseos e salón de actividades. Torre e parque de Celas |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER