Cullerciencia celebra o sábado 6 a súa oitava edición con maior horario e 34 postos de experimentos e divulgación científica

O Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo organizan a oitava edición de Cullerciencia, unha feira xa consolidada en Galicia e que reúne cada ano a centos de visitantes. Será o vindeiro sábado, 6 de xuño, no paseo marítimo do Burgo, e nesta ocasión chega cun horario ampliado, de 12:00 a 20:00 horas, para propiciar que os visitantes gocen de todos os proxectos.
 
A feira científica escolar promete ser unha xornada chea de experimentos, proxectos creativos e actividades interactivas para toda a familia. Este ano haberá un total de 34 postos, con entidades como colexios, institutos, centros de investigación, facultades, fundacións e asociacións, cada unha delas coa súa propia proposta baseada nos traballos e investigacións científicas realizadas.
 
Os grandes protagonistas serán os centros escolares, destacando non só a presenza dos centros do municipio, senón tamén doutros chegados desde concellos como Oleiros, Cambre, A Coruña, Vigo e As Pontes, aínda que chegarán visitantes de moitos outros puntos.
 
Así mesmo, na feira poñerase en marcha un carné que certificará a visita aos diferentes postos. Quen o complete levará un agasallo. No inicio non faltará a música, coa actuación da Agrupación Folclórica Ancoradoira na explanada.
 
O CEIP Ría do Burgo volcarase para difundir a cita, realizando retransmisións en streaming a través da súa canle na plataforma Twitch e na radio escolar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina