Culleredo facilita a conciliación das familias este verán coas Mañás de Campamento

O Concello de Culleredo volve facilitar a conciliación das familias este verán coas Mañás de Campamento. Con esta proposta, as nenas e nenos poderán gozar de todo tipo de actividades de convivencia do 22 de xuño ao 28 de agosto, durante as vacacións escolares.
 
O programa combinará xogo e aprendizaxe con actividades ao aire libre adaptadas a cada idade, sempre que o tempo o permita. A través de obradoiros, as persoas participantes achegaranse á ciencia, á música, á historia, ás artes ou á natureza, fomentando valores como o respecto, a integración, a tolerancia e o traballo en equipo.
 
Poderán participar menores de entre 3 e 12 anos con padrón en Culleredo e matrícula vixente en Educación Infantil ou Primaria. Ofrécense dúas modalidades de campamento: os extensos, de tres a catro semanas, e os curtos, de dúas semanas. Os campamentos extensos celebraranse no CEIP Isaac Díaz Pardo para Infantil e no Sofía Casanova para Primaria, mentres que os curtos terán lugar no Vila de Rutis. En todos eles, as actividades desenvolveranse de 9:00 a 14:00 horas.
 
Cada familia poderá solicitar un campamento extenso ou un máximo de dous campamentos curtos, sempre que non sexan consecutivos. O prezo de inscrición varía entre os 42 e os 84 euros, a razón de 21 euros por semana. Ademais, poderán contratar servizos complementarios de almorzo (7:30 a 9:00 horas) e xantar (14:00 a 16:00 horas) cun recargo adicional.
 
Para evitar que as tarifas sexan un impedimento para a inscrición, prevese unha serie de bonificacións na matrícula. Ascenden ao 50% para familias numerosas, ao 20% para a segunda persoa inscrita dunha familia non numerosa e, no caso de contar con informe da Área de Cohesión Social, establécese unha tarifa gratuíta especial.
 
Inscricións
 
O prazo de inscrición abrirá o vindeiro luns, 13 de abril, ata o 22 de abril ás 13:00 horas. As solicitudes realizaranse preferentemente a través do formulario dispoñible na páxina web do campamento. Se non fose posible envialas deste xeito, tamén se poderán entregar no Edificio de Servizos Múltiples de 9:00 a 14:00 horas (o día 22 ata as 13:00).
 
O 4 de maio publicarase a listaxe provisional de admitidos. Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles, celebrarase un sorteo público o 8 de maio. A listaxe definitiva farase oficial o 11 de maio, momento no que se abrirá o prazo de matrícula ata o 22 dese mesmo mes.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina