Aberto o prazo de inscrición para o campamento de primavera "Maxín Galáctico"

As nenas e nenos do Concello de Culleredo teñen a diversión garantida nas vacacións de Semana Santa. Un ano máis, a área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá pon en marcha o Campamento de Primavera, unha iniciativa que facilita a conciliación das familias durante o período non lectivo.
 
Baixo o título de “Maxín Galáctico”, desenvolverase do 30 de marzo ao 6 de abril no CEIP Vila de Rutis, con actividades en horario de 9:00 a 14:00 horas. As persoas participantes poderán gozar de todo tipo de propostas pensadas para elas, combinando o xogo co desenvolvemento das súas capacidades.
 
O prezo do campamento é de 21 euros para as nenas e nenos empadroados en Culleredo e de 42 euros para os non empadroados. Ademais, existe un servizo complementario de almorzo (7:30-9:00 horas) e outro de comida (14:00-16:00 horas), que se aboarán á parte.
 
O campamento está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos matriculados en Educación Infantil e Primaria. Hai un máximo de 90 prazas e terán preferencia as persoas empadroadas ou con domicilio laboral en Culleredo que acrediten a necesidade deste servizo de conciliación.
 
A inscrición pode formalizarse a través do formulario dispoñible a continuación, e permanecerá aberto ata as 14:00 horas do venres 6 de marzo. A listaxe de persoas admitidas publicarase o 10 de marzo e o pagamento da matrícula poderá efectuarse ata o día 16.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina