Culleredo prepárase para celebrar o Samaín e o Magosto con múltiples actividades para todos os públicos

O Concello de Culleredo prepárase para celebrar o Samaín de Ledoño cunha completa programación repleta de actividades para todas as idades. O evento está organizado pola Asociación Cultural O Lagarto de Ledoño coa colaboración do Concello e desenvolverase durante dúas xornadas, os días 31 de outubro e 1 de novembro.
 
As celebracións arrincarán o venres 31 de outubro, a partir das 20:00 horas, cunha gran pulpada popular, na que tamén se poderá degustar orella. A velada estará amenizada pola música tradicional do grupo Os Larpeiros de Altamira, seguida dunha verbena coas actuacións do Grupo Fussión, a disco móbil Impacto e o DJ Nyan Boe. 
 
A medianoite terá lugar a tradicional queimada e, xa de madrugada, ás 3:30 horas, serviranse as populares sopas de cabalo cansado, poñendo o broche á xornada. A festa continuará o sábado 1 de novembro cunha sesión vermú amenizada por Eduardo Revelación.
 
Ademais, dentro da programación cultural do Samaín, o Centro Social e Cultural de Celas acollerá o 31 de outubro ás 19:00 horas a representación teatral ‘Buh! Que medo!’, da compañía Teatro Escena. A actuación enmárcase dentro do XXX Festival Internacional de Galicreques 2025 e dentro do programa municipal Culleredo en Escena. Trátase dunha divertida proposta familiar na que os medos máis simpáticos cobran vida para descubrir as emocións, pensamentos e desexos que nos acompañan.
 
Doutra banda, o mesmo día 31 de outubro haberá actividades e animación infantil no Centro Cultural de Almeiras.
 
500 quilos de castañas asadas para celebrar o Magosto municipal
 
Como broche final, o Concello de Culleredo celebrará o sábado 1 de novembro o súa Gran Festa do Magosto, que terá lugar no parque recreativo de Celas. Neste encontro, un dos máis concorridos da comarca, repartiranse máis de 500 quilos de castañas asadas, ademais doutros produtos típicos destas datas. 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina