Culleredo acollerá o XXX Festival Internacional de Galicreques a partir do venres 17 de outubro

O Concello de Culleredo volverá participar no Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde. Nesta ocasión, o municipio acollerá ata tres espectáculos na que será a trixésima edición do evento. As funcións, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo, terán lugar en diferentes espazos municipais e están dirixidas a todos os públicos, con especial atención ao público infantil e familiar. 
 
A primeira cita chega da man da compañía chilena Monicreques Candelilla, que actuará este venres, 17 de outubro, ás 19:30 horas no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Presentarán a obra ‘Kuiyen, sueño mapuche’, unha historia que nos achega á cultura do pobo mapuche a través de Kuiyen, unha moza que se prepara para celebrar o Wiñol Tripantu, a renovación da terra. 
 
Durante os preparativos, coñecerá a Manque, o cóndor, e xuntos deberán enfrontarse a Puelche, o vento, que tenta impedir que continúen coas súas tradicións. A obra está recomendada para nenas e nenos a partir de 2 anos e ten unha duración aproximada de 45 minutos. 
 
Culleredo, escenario do teatro de monicreques durante o mes de outubro
 
O festival continuará o venres 24 de outubro, tamén ás 19:30 horas e no mesmo auditorio, coa representación de ‘Verán na lavandería’, a cargo das compañías coruñesas K’Paparota e Danthea Teatro. 
 
Por último, o venres 31 de outubro, a compañía Teatro Escena levará ao Centro Social e Cultural de Celas a divertida obra ‘Buh! Que medo!’, programada a partir das 19:00 horas dentro das actividades organizadas con motivo da festa do Samaín.
 
Vista previaAdxuntoTamaño
cartel_2_culleredo_-_culleredo_acogera_el_xxx_festival_internacional_de_galicreques_a_partir_de_este_viernes.pdf229.36 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina