Realización dunha proba de funcionamento de sirenas de aviso dos PEP de Galicia o martes 17 de xuño

O martes 17 de xuño ás 12:00 horas realizarase unha proba de funcionamento de sirenas de aviso dos Plans de Emerxencia de Presas (PEP) de Galicia. 
 
Ao situarse o Concello de Culleredo dentro da área de afección da primeira media hora da rotura dalgunha presa, neste caso a de Cecebre, realizarase esta proba para comprobar o funcionamento correcto do sistema.
 
O PEP forma parte do plan especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións en Galicia, INUNGAL, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de 26 de setembro de 2016 e publicado mediante a Resolución do 4 de outubro de 2016.
 
En caso de rotura inminente da presa (Escenario 3), o Director do PEP debe ordenar a activación dos avisos acústicos á poboación e informará con carácter inmediato ao CECOP a través do CIAE112, que comunicará a situación aos medios e recursos previstos segundo procedemento.
 
Para garantir a operatividade dos sistemas de aviso, coma todos os anos, vaise a levar a cabo unha proba de funcionamento de sirenas neste mes de xuño cun dobre obxectivo: que a poboación das zonas afectadas xunto cos medios e recursos adscritos ao plan INUNGAL se familiaricen co son da sirena, e comprobar o correcto funcionamento dos sistemas mecánicos e software de activación.
 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina