Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2021

Dende O Servizo de Dinamización , Formación e Emprego da Concellería de  desenvolvemento local, cultura, festas e turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego. 
 
Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 débese posuir unha formación básica necesaria e para isto é preciso acreditar que se posúen certas titulacións, certificacións ou acreditacións. Cando o/a aspirante non posúe os requisitos académicos necesarios, que é a situación na que se atopan unha grande cantidade de veciños/as de Culleredo en situación de desemprego e demandantes de formación e emprego,existe outra vía de acceso que consiste na superación das probas de competencias clave que organiza a administración.
 
Estas accións formativas realizadas en anos anteriores, cunha grande acollida por parte dos veciños/as de Culleredo, permitiron que a maioría dos/as participantes superasen as probas e desta forma poidesen acceder aos cursos vinculados aos certificados de profesionalidade de nivel 2. 
 
Nº DE CURSOS: 2
 
REQUISITOS DE ACCESO: 
  • Empadroados/as en Culleredo.
  • Maiores de 16 anos ou que os fagan en 31 de decembro do ano natural  en que se celebran as probas.
  • Preferentemente en situación de  desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Non ter formación regrada igual ou superior á ESO, 2º B.U.P., F.P I ou equivalente, nin ter superadas as competencias clave de nivel 2 de lingua galega, lingua española e matemáticas.
  • Ter presentada a solicitude para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cetificados de  profesionalidade de nivel 2 de cualificación, que convocou a Xunta de Galicia para este ano 2021 ( Procedemento TR306A).
 
DURACIÓN DE CADA CURSO: 40 horas.
 
PRAZAS OFERTADAS:
Cada curso conta con 15 prazas. O curso que non cubra como mínimo o 75% das prazas poderá ser cancelado.
 
ASIGNACIÓN DE PRAZAS: Por orde de preinscrición, tendo en conta os requisitos de acceso sinalados anteriormente. 
 
A PREINSCRICIÓN será  do 19 ao 23 de abril de 2021, a través do formulario web, que atoparás na páxina web do Concello de Culleredo ( www.culleredo.es). 
 
AS LISTAS provisionais e as definitivas de admitidos/as, poderán consultarse na páxina web do Concello de Culleredo ou chamando ao Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso".
 
O número de prazas, calendario e horario poderán sufrir modificacións en virtude da evolución dos protocolos establecidos pola COVID-19.
 
 
MÁIS INFORMACIÓN:
Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo.
R/ Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo.
Tfno.: 981664204
 
 
 
 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
competencias_clave_paxina_web.odt421.23 KB
procedemento_c._clave.pdf148.65 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina