O Concello reserva 80.000 euros para a segunda fase do centro cívico de Fonteculler

O Concello de Culleredo prepara a segunda fase do centro cívico de Fonteculler, aberto en outubro e que tivo unha gran acollida entre os veciños congregando semanalmente a uns 700 usuarios. O obxectivo será dotalo dun salón grande para actos e actividades aproveitando o soto.
 
O Concello reservou unha partida de 80.000 euros no orzamento para a actuación. Consistirá na adecuación do espazo, duns 100 metros cadrados.
 
Non será este o único proxecto para o centro social. No seu plan de cubrir parques infantís, ogoberno municipal elixiu para este ano o situado xunto á dependencia, do mesmo xeito que o biosaludable. Ao tratarse dun centro neurálxico ao que acoden veciños de todas as idades o Concello considera idóneo cubrilo pola súa elevada utilización.
 
Coa cuberta, os pequenos poderán usar o parque con independencia das condicións meteorolóxicas. Ademais existe unha gran praza para o lecer..
 
O Concello de Culleredo abriu en outubro o centro cívico dando resposta a unha histórica reivindicación dos veciños da zona para contar cun espazo tanto para as actividades como para as súas reunións e encontros.
 
O centro sitúase nas Brañas, na praza onde antes celebrábase a festa. Alí combina o seu servizo co do parque infantil, o biosaludable e as canchas deportivas, conformando xa o principal espazo de equipamentos do núcleo.
 
A dependencia conta con sala para actividades, sala para maiores equipada con mesas e cadeiras e televisión, office, terrazas, ximnasio, almacén, vestíbulo e aseos. Ten unha superficie total de 493,83 metros cadrados, dos que a maioría (350,19) correspóndense aos espazos interiores de dous niveis.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina