Nova formación en emerxencias sanitarias para os maiores

O Concello de Culleredo leva tamén a preparación ante emerxencias sanitarias aos maiores do municipio. O proxecto "As túas mans salvan vidas", da Concellaría de Benestar Social, non se cingue este ano aos escolares e chega aos participantes na actividade de ximnasia para maiores.
 
Esta formación especializada consiste en charlas que se dan nas 9 parroquias do concello nas que funcionan grupos de ximnasia +65 con decenas de veciños. Trata, entre outras pautas a seguir ante unha emerxencia, nocións básicas de primeiros auxilios, a aprendizaxe do procedemento de resucitación cardiopulmonar, ou a manobra de Heimlich para casos de atragantamentos. 
 
A finalidade é a formación da poboación cullerdense en habilidades básicas preventivas en materia de saúde. "Debemos concienciarnos da importancia de ter coñecementos suficientes para actuar en caso dunha emerxencia de saúde", apunta Lupe Pombo, concelleira de Benestar Social.
 
Os profesionais da Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias, ASGATE, son os encargados de impartir estas charlas no marco do convenio de colaboración que teñen co Concello. Nas charlas utilízase unha metodoloxía eminentemente práctica e participativa, empregando bonecos de dimensións humanas para traballar, coas persoas asistentes, as distintas técnicas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina